María Luísa Castro Cerceda,O segundo apelido é "Cerceda" segundo a GEG, , , Baía Edicións e a UVigo e "Cerdeda" segundo o DBdG, o DEGU e . máis coñecida como Marisa Castro, nada no barrio da Ponte da parroquia de San Lázaro de Lugo o 20 de decembro de 1955, é unha bióloga, profesora universitaria e investigadora galega.

Traxectoria Marisa Castro estudou na Universidade de Santiago de Compostela. É doutora en bioloxía e profesora titular na área de botánica, departamento de Bioloxía vexetal e ciencias do solo, na Facultade de Bioloxía e Ciencias do Mar da Universidade de Vigo.Listaxe de profesores e Administración Universidade de Vigo.

Especialista en micoloxía, é unha das maiores estudosas da botánica de Galicia. Foi vicepresidenta da Sociedade Galega de Historia Natural de 1980 a 1986 e presidenta do Grupo Micolóxico Galego Luís Freire.

Obra publicada Guía das setas ou cogumelos comestibles de Galicia, 1982, Xerais. Macromicetos de pinares gallegos, 1985, Universidade de Santiago. Catálogo e distribución de plantas melíferas en Galicia, 1986 Nueva especie del género amanita, 1987. Nuevas aportaciones a los conceptos micosociológicos, 1987. Historia da macromicoloxía de Galicia, 1987, SGHN. Flora del NO. de la Península Ibérica, 1988. Micetación de un parque urbano: Alameda de Santiago (A Coruña), 1989. Cogumelos dos piñeirais dunares do Baixo Miño, 1996, Anabam. Guía botánica do Parque Rosalía de Castro, 1998, Deputación de Lugo. Macromicetos epixilicos de la serra de Courel (Lugo), 1989. Setas ou cogumelos de Galicia: descrición e receitas para a boa cociña, 1990, Xerais. Guía dos cogomelos comúns de Galicia, 2000, Xerais. Cogomelos de Galicia e norte de Portugal, 2004, Xerais.Cogomelos de Galicia e norte de Portugal na páxina de Xerais. "Fungos". Proxecto Galicia. Hércules, 2004, Tomo XLI: Botánica I. pp 269-383. Cogumelos de Galiza, 2005, Edicións A Nosa Terra.

Narrativa

A saga das curandeiras (2022). A Coruña: Hércules Ed. ISBN 978-84-18966-71-2. Traducida como La saga de las curanderas, ISBN 9788418966705. Soño de liberdade (2025). A Coruña: Hércules Ed. ISBN 979-13-87987-11-4. Traducida como Sueño de libertad, ISBN 979-13-87987-10-7.

Colectiva Como recolectar y herborizar plantas, 1984, CCAA. Breve introducción á micoloxía, 1988, Concello de Santiago. Introducción á botánica, 1988, Concello de Santiago. Introducción á micoloxía, 1989, Concello de Santiago. Guía das árbores de Galicia autóctonas e ornamentais, 1989, Xerais. Flora ornamental del albergue juvenil de Gandario, 1990, I.N.I.C.E. Guía de las setas más comunes de Galicia, 1994, Concello da Coruña. Naturaleza sin fronteras / Natureza sem fronteiras, 1999, Cimpor. Etnobotánica sin fronteras/ Etnobotânica sem fronteiras, 2001, Cimpor. Guía das macroalgas de Galicia, 2002, Baía Edicións, inclúe CD-ROM.Guía das macroalgas de Galicia na páxina de Baía. Guía das microalgas de Galicia, 2002, Baía Edicións, CD-ROM. Guía micolóxica dos ecosistemas galegos, 2005, Baía Edicións.Guía micolóxica dos ecosistemas galegos na páxina de Baía. Guía das árbores autóctonas e ornamentais de Galicia, 2007, Xerais.Guía das árbores autóctonas e ornamentais de Galicia na páxina de Xerais. Cogomelos, 2010, Baía Edicións.Cogomelos na páxina de Baía.

Notas

Referencias

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Luís Freire García Vexetación de Galicia

Ligazóns externas Ficha da autora na páxina web de Edicións Xerais de Galicia. Ficha da autora na páxina web de Baía Edicións.

Categoría:Biólogos de Galicia Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1955 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Botánicos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Micólogos