Kiril KurtevTamén Kyril Kurteff (en ), nado o 18 de xuño de 1891 en Dripchevo (Rumelia oriental, hoxe Bulgaria) e finado o 9 de marzo de 1971 en Kuklen (provincia de Plovdiv, R.P. de Bulgaria) foi un eclesiástico greco-católico búlgaro.

Traxectoria Kiril Kurtev naceu nunha familia ortodoxa na vila de Dripchevo, entón parte de Rumelia oriental, baixo soberanía otomá. En 1901 comezou os seus estudos no mosteiro de Mustrakli, e posteriormente continuounos no colexio dos pais asuncionistas de İpsala até 1908. Posteriormente estudou no seminario de San León en Constantinopla, e o 8 de setembro de 1913 foi ordenado diácono polo arcebispo Mihail Mirov. O 1 de xuño de 1914 foi ordenado sacerdote polo bispo Mihail Petkov. Na primavera de 1924 foi nomeado axudante do administrador dos greco-católicos en Bulgaria, Yosafat Kozarov, e o 25 de xullo de 1926 foi nomeado polo papa Pío XII exarca apostólico de Sofía. Recibiu a consagración episcopal de mans do bispo de Sidón Azanasius Khuriati na basílica de San Clemente de Roma o 5 de decembro do mesmo ano. O 30 de maio de 1941 renunciou ao cargo, e foi sucedido por Ivan Garufalov, mais a morte deste en 1951 obrigoulle a retomar a súa tarefa: nese momento, ao ser o único bispo católico na República Popular de Bulgaria, polo que tamén tivo que atender aos católicos latinos das dioceses de Nikopol e Sofía e Podliv. En 1960 participou no Concilio Vaticano Segundo. Sufriu un infarto celebrando a liturxia en Kuklen o 7 de marzo de 1971, e finou dous días despois. Notas

Categoría:Nados en 1891 Categoría:Nados en Dripchevo Categoría:Finados en 1971 Categoría:Bispos católicos de Bulgaria Categoría:Bispos da Igrexa católica bizantina búlgara Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Participantes no Concilio Vaticano Segundo