A Milán-Sanremo 2018 foi a 109ª edición desta clásica ciclista que se disputou o 17 de marzo de 2018 sobre o tradicional percorrido de saída na cidade de Milán e chegada na de Sanremo, Italia, de 294 quilómetros. Esta é a máis longa de todas as clásicas de primavera.
Este foi o primeiro monumento dos cinco da tempada e a oitava carreira do UCI WorldTour 2018.
O vencedor da carreira foi o siciliano Vincenzo Nibali que se impuxo cun espectacular ataque en solitario nas ramplas finais do derradeiro ascenso, o Poggio. O italiano lanzouse no descenso e resistiu o ritmo final do pelotón nos últimos 2 km chairos. A diferenza foi mínima pero xusta para que poidese celebrar a vitoria. O grupo traseiro conseguiu chegar a menos dun segundo do gañador, cuxo sprint venceu o australiano-coreano Caleb Ewan (2º), por diante dos campións francés e europeo, Arnaud Démare e Alexander Kristoff, terceiro e cuarto respectivamente.
Equipos Na competición participaron 18 equipos do UCI WorldTour e 7 da categoría Profesional Continental, completando un pelotón de 25 escuadras de 7 ciclistas, sumando un total de 175 corredores na liña de saída.
UCI WorldTour EquipoPaísCódigoAG2R La MondialeALMAstanaASTBahrain-MeridaTBMBMC RacingBMCBora-HansgroheBOHDimension DataDDDEF Education First-DrapacEFDGroupama-FDJGFCKatusha-AlpecinKATLotto-SoudalLTSLottoNL-JumboTLJMitchelton-ScottMTSMovistarMOVQuick-Step FloorsQSTSunwebSUNTrek-SegafredoTFSUAE Emirates Emiratos ÁrabesUAD
Profesional Continental EquipoPaísCódigoBardiani CSFBARCofidisCOFGazprom-RusVeloGAZIsrael Cycling AcademyICANippo–Vini FantiniNIPNovo NordiskTNNWilier Triestina–Selle ItaliaWIL
Clasificación PosCiclistaEquipoTempo1º Vincenzo Nibali Bahrain-Merida7h 18' 43"2º Caleb EwanMitchelton-Scottm.t.3º Arnaud Démare senmarco|25x25pxGroupama-FDJm.t.4º Alexander Kristoff senmarco|25x25pxUAE Team Emiratesm.t.5º Jürgen RoelandtsBMC Racing Teamm.t.6º Peter Sagan 25x25pxBora-Hansgrohem.t.7º Michael MatthewsTeam Sunwebm.t.8º Magnus Cort NielsenAstanam.t.9º Sonny ColbrelliBahrain-Meridam.t.10º Jasper StuyvenTrek-Segafredom.t.11º Michał KwiatkowskiTeam Skym.t.12º Matti BreschelEF Education First-Drapacm.t.13º Christophe LaporteEF Education First-Drapacm.t.14º Sacha ModoloCannondalem.t.15º Marco CanolaNippo–Vini Fantinim.t.
Véxase tamén
Outros artigos
Milán-Sanremo Milán Sanremo
Ligazóns externas Páxina web
Categoría:Ciclismo en 2018