O dominio Gla, dominio GLASUPERFAMILY GLA domain ou dominio carboxilación dependente de vitamina K/gamma-carboxiglutámico (en inglés vitamin K-dependent carboxylation/gamma-carboxyglutamic domain) é un dominio proteico que contén modificacións postraducionais de moitos residuos de glutamato producidos por carboxilación dependente de vitamina K que se transformarom en γ-carboxiglutamato (Gla). As proteínas con este dominio denomínanse informalmente proteínas Gla. Os residuos Gla son responsables da alta afinidade de unión para os ións calcio.
O dominio Gla únese a ións calcio quelándoos entre dous residuos de ácido carboxílico. Estes residuos forman parte dunha rexión que empeza no extremo N-terminal da forma madura das proteínas Gla e que acaba cun residuo aromático conservado. Isto orixina un motivo conservado Gla-x(3)-Gla-x-Cys, que se encontra no medio do dominio, e que parece ser importante para o recoñecemento do substrato pola carboxilase.
Resolveuse a estrutura tridimensional de varios dominios Gla. Os ións calcio inducen cambios conformacionais no dominio Gla e son necesarios para que o dominio Gla se pregue debidamente. Unha característica estrutural común dos dominios Gla funcionais é o agrupamento de residuos hidrófobos N-terminais nun parche hidrofóbico que media a interacción coa membrana da superficie celular.
Actualmente, as seguintes proteínas humanas que conteñen o dominio Gla (proteínas Gla) foron caracterizadas ata o nivel da estrutura primaria: os factores de coagulación II (protrombina), VII, IX, e X, as proteínas anticoagulantes C e S, e a proteína Z que se une ao factor X. A proteína Gla ósea osteocalcina, a proteína Gla da matriz (MGP) inhibidora da calcificación, a proteína "detención do crecemento específica do xene 6" (GAS6, do inglés "growth arrest specific gene 6" protein) reguladora do crecemento celular, a periostina (un factor necesario para a migración e adhesión de células epiteliais), dúas proteínas Gla transmembrana (TMGP), e dúas proteínas Gla ricas en prolina (PRGP), de función descoñecida.
En todos os casos nos cales se coñecen as súas funcións, a presenza de residuos Gla nestas proteínas considérase esencial para a súa actividade funcional.
Subfamilias Factor de coagulación, rexión Gla
Proteínas humanas que conteñen este dominio Nesta lista só se indican as funcións coñecidas principais, xa que o seu coñecemento é incompleto. Trombina (F2) (ou factor de coagulación II; e tamén o seu precursor a protrombina) – implicados na coagulación do sangue Factor VII (F7) – intervén na coagulación Factor IX (F9) – coagulación Factor X (F10) – coagulación Proteína C (PROC) – regula a anticoagulación, inflamación, morte celular e mantemento da permeabilidade vascular Proteína S (PROS1) – implicada na coagulación do sangue Proteína Z (PROZ) – coagulación Osteocalcina (BGLAP) – intervén na mineralización do óso e formación de memoria.https://www.youtube.com/watch?v=xMcoTWvf0Kk Proteína Gla da matriz (MGP) – inhibidora da calcificación dos tecidos brandos e xoga un papel na organización do óso GAS6 – crese que está implicada na estimulación da proliferación celular Transtiretina (TTR), antes chamada prealbumina – transporta a hormona tiroxina (T4) polo sangue e líquido cefalorraquídeo Inhibidor da inter-alfa-tripsina cadea pesada H2 (ITIH2) – xoga un papel nos illotes de Langerhans pancreáticos e en moitos outras células Periostina – un factor necesario para migración celular (desenvolvemento embrionario e resposta inmune) e a adhesión de células epiteliais, sobreexpresada nalgúns cancros Gla 1 rica en prolina (PRRG1) Gla 2 rica en prolina (PRRG2) Gla 3 rica en prolina (PRRG3) Gla 4 rica en prolina (PRRG4)
Notas
Categoría:Dominios proteicos Categoría:Proteínas periféricas de membrana