Cefixima é un antibiótico beta-lactámico pertencente á terceira xeración de cefalosporinas. Foi comercializada baixo os nomes de Suprax e Denvar.

Espectro de acción Cefixima é activa fronte a bacterias grampositivas: Streptococcus pneumoniae e Streptococcus pyogenes. Tamén é activa fronte a gramnegativos: Haemophilus influenzae, Moraxella catarrhalis, Escherichia coli, Proteus mirabilis e Neisseria gonorrhoeae. Presenta actividade in-vitro, pero non avaliada a eficacia clínica, fronte a Streptococcus agalactiae, Haemophilus parainfluenzae, Proteus vulgaris, Klebsiella pneumoniae, Klebsiella oxytoca, Pasteurella multocida, Providencia spp, Salmonella spp, Shigella spp, Citrobacter amalonaticus, Citrobacter diversus e Serratia marcescens.

Indicacións clínicas Cefixima está aprobada para as seguintes indicacións clínicas: Infección urinaria non complicada Otite media Farinxite por Streptococcus pyogenes Bronquite aguda ou exacerbación aguda de bronquite crónica. Gonorrea

Dosificación Unicamente existe formulación oral. A dose estándar é de 200 a 400 miligramos cada 12 ou 24 horas. A dose debe ser axustada en insuficiencia renal grave (filtrado menor de 10) e en poboación pediátrica.

Embarazo e lactación Cefixima atópase na categoría B da FDA de fármacos durante o embarazo. Descoñécese se se excreta no leite materno, polo que se recomenda suspender a lactación mentres se tome cefixima.

Efectos secundarios Semellantes ao resto de cefalosporinas, destacan as molestias gastrointestinais e a diarrea.

Notas

Categoría:Antibióticos