O Étoile Sportive Saint-Michel Le Portel Côte d'Opale, xeralmente abreviado ESSM ou Le Portel, é un club profesional de baloncesto francés con sede na cidade de Le Portel, situada na rexión da Alta Francia. Actualmente xoga na Ligue Nationale de Basket Pro A (LNB), a máxima categoría do baloncesto galo. O seu pavillón é Le Chaudron, recinto con capacidade para 3 500 espectadores.
Historia A sociedade deportiva Étoile Sportive Saint-Michel foi fundada no ano 1928, sendo o baloncesto unha das súas seccións. Durante a maior parte da súa historia competiu en categorías inferiores do baloncesto francés. Na temporada 2006−07 o equipo finaliza na segunda posición da Nationale 1, o que lle serve para ascender á LNB Pro B, segunda categoría profesional gala. Na temporada 2014−15 o ESSM consegue chegar á final da Copa de Francia tras vencer a equipos de Pro A como Le Mans, Le Havre, ASVEL Lyon-Villeurbanne e Limoges CSP, actuais campións. Na final, porén, perden por 74−87 ante o SIG Strasbourg. Na temporada 2015−16, o Le Portel consegue un fito ao ascender por vez primeira á Pro A. Na súa primeira temporada na máxima categoría o equipo consegue xogar os play-offs polo título tras finalizar sétimos en liga regular. Porén, nas eliminatorias perden en primeira rolda ante o Élan Chalon, equipo que posteriormente gaña a competición. Isto serve para que na temporada 2017–18 o equipo debute en competicións europeas, xogando a FIBA Europe Cup, na que chegan até cuartos de final, onde perden ante os Bakken Bears dinamarqueses.
Ano a ano AnoNivelLigaCopaCompeticións europeas2013–142 Pro B 5º Rolda de 322014–152 Pro B 9º Subcampión2015–162 Pro B2º Rolda de 32 2016–171 Pro A8º 19–17 Cuartos de final 2017–181 Pro A 11º 16–18 Rolda de 16 4 FIBA Europe Cup 14–1–3 2018–191 Pro A 16º Rolda de 16 2019–201 Pro A 18º Rolda de 32 2020–211 Pro A 13º Rolda de 16 2021–221 Pro A 14º Rolda de 32
Pavillóns Os seguintes son algúns dos pavillóns que ten utilizado o ESSM LE Portel como local:
Georges Carpentier (2003–2007) Salle Damrémont (2007–2013) Lycée Giraux-Sannier (2013–2015) Le Chaudron (2015–presente)
Xogadores Destacados Jakim Donaldson Shawn Huff
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Equipos de baloncesto de Francia