Gerald Paul 'Jerry' Carr foi un astronauta estadounidense que formou parte da tripulación da misión Skylab 4. Pasou un total de 84,05 días no espazo.
Traxectoria Carr naceu o 22 de agosto de 1932 en Denver, Colorado. É graduado en enxeñería mecánica pola Universidade do Sur de California en 1954 e en enxeñería aeronáutica pola Escola Naval de Posgraduados dos Estados Unidos en 1961, e ten un máster en enxeñería aeronáutica pola Universidade de Princeton de 1962. Está casado e ten tres fillas e tres fillos. Entre as súas afeccións atópanse o mergullo, a natación, a caza, a pesca e a carpintería.
Foi seleccionado pola NASA en abril de 1966, xunto con outros 18 candidatos. Formou parte da tripulación de soporte e exerceu de CAPCOM (encargado das comunicacións) nas misións Apollo 8 e Apollo 12. En 1973 comandou a misión Skylab 4, durante a cal unha tripulación de tres homes ocupou a estación espacial Skylab e pasou no espazo un total de 84 días, 1 hora e 15 minutos.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Skylab 4 Skylab
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1932 Categoría:Nados en Colorado