John Howard Casper foi un astronauta e piloto de probas estadounidense que formou parte da tripulación das misións STS-36, STS-54, STS-62 e STS-77. Pasou un total de 34,41 días no espazo.

Traxectoria Casper naceu o 9 de xullo de 1943 en Greenville, Carolina do Sur. É graduado en enxeñería pola Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos e en astronáutica pola Universidade Purdue. Está casado con Beth Taylor Casper e ten catro fillos.

Foi seleccionado pola NASA en maio de 1984, converténdose oficialmente en astronauta en xuño de 1985. Participou nas misións STS-36, STS-54, STS-62 e STS-77 e pasou no espazo un total de 34,41 días.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-36 STS-54 STS-62 STS-77

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1943 Categoría:Nados en Carolina do Sur