Fernando Redondo Neira, nado en Camporrapado (Boqueixón) en 1971, é un xornalista e investigador galego.

Traxectoria É licenciado en Ciencias da Comunicación pola Universidade do País Vasco e doutor pola Universidade de Santiago de CompostelaLa ruta de las voces invisibles. Voz narradora en el cine de ficción español del primer franquismo, revista Atalante, nº 20 ..

É membro da Asociación Española de Historiadores do Cinema así como da Asociación Galega de Investigadores da Comunicación.

O 1 de abril de 2019 foi nomeado presidente da Fundación Xosé Neira Vilas.

Obra Carlos Velo: discurso informativo e didáctico no cine documental da II República (Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC, 2002) Carlos Velo: itinerarios do documental nos anos trinta (Xunta de Galicia, 2004) Paisaxe sonoro e espazo sonoro: construción e funcións expresivas (Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC, 2013)Base de datos do Ministerio de Cultura español . Recoñecementos

2018: Premio Manuel Reimóndez PortelaFernando Redondo gaña o XXIII Premio Manuel Reimóndez Portela cun artigo sobre o cine galego, aestranarede.net, 12 de setembro de 2018.. 2024: gañador do Certame Literario do Concello de Ames na modalidade de Narrativa.

Notas

Categoría:Nados en 1975 Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Nados en Boqueixón Categoría:Alumnos da Universidade do País Vasco Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes