As linguas valyrias son unha familia de linguas ficticias da serie de novelas de fantasía A Song of Ice and Fire de George R. R. Martin, e da adaptación á serie de televisión Game of Thrones.

Nas novelas, o alto valyrio e as linguas descendentes dela son mencionadas a miúdo, pero non están desenvolvidas alén dunhas poucas palabras. Para a serie de televisión, o lingüista David J. Peterson creou o alto valyrio, así como os seus derivados, o astapori e o valyrio de Meereen, e que están baseados en fragmentos recollidos nas novelas. O valyrio, xunto co dothraki, foron descritos como "as linguas ficticias máis convincentes dende o élfico".

Alto valyrio

No mundo de A Song of Ice and Fire, o alto valyrio ocupa un espazo cultural semellante ó do latín na Europa medieval. As novelas describen que xa non é unha lingua de uso cotián, senón que é unha lingua de aprendizaxe e educación entre a nobreza de Essos e Westeros, con moita literatura e cancións compostas en valyrio.

Notas

Categoría:Linguas ficticias Categoría:A Song of Ice and Fire Categoría:Game of Thrones