Godiva, condesa de Mercia (|ɡəˈdaɪvə|), falecida entre 1066 e 1086, en inglés antigo Godgifu, foi unha nobre inglesa que, segundo unha lenda do século XII cabalgou espida (cuberta só coa súa longa cabeleira) polas rúas de Coventry para lograr a remisión das opresivas taxas que o seu home impoñía aos seus vasalos. A expresión inglesa "Peeping Tom" para mirón apareceu en versións posteriores da lenda, en que un home chamado Thomas a observou foi cegado ou morto.
Figura histórica miniatura|esquerda|Lady Godiva, estatua de Sir William Reid Dick en Broadgate, Coventry Godiva era a esposa de Leofric, conde de Mercia. Tivero un fillo coñecido, Aelfgar.Patrick W. Montague-Smith Letters: Godiva's family tree The Times, 25 de xaneiro de 1983
O nome de Godiva aparece en actas e no Domesday Book, aínda que a grafía varía. O nome inglés antigo Godgifu ou Godgyfu significa "regalo de Deus"; Godiva e a forma latinizada. Era un nome popular e houbo contemporáneas co mesmo nome.
Se é a mesma Godiva que aparece na historia da abadía de Ely, o Liber Eliensis, escrito a finais do século XII, entón era viúva cando casou con Leofric. Leofric e Godiva eran benfeitores xenerosos de casas relixiosas. En 1043 Leofric fundou e dotou un mosteiro beneditino en Coventry no lugar en que existira un convento destruído polos dinamarqueses en 1016. O escritor do século XII Roger de Wendover considera a Godiva a forza persuasiva detrás do acto. A finais da década de 1050, o seu nome aparece xunto co do seu home nunha concesión de terra ao mosteiro de santa María, Worcester e nunha doazón ao minster de Stow St Mary, Lincolnshire.In the Stow charter, she is called "Godgife" () Ela e o seu marido foron conmemorados como benfeitores doutros mosteiros como Leominster, Chester, Much Wenlock e Evesham.The Chronicle of John of Worcester edición e tradución de R.R. Darlington, P. McGurk and J. Bray (Clarendon Press: Oxford 1995), pp.582–583 Godiva achegou a Coventry unha cantidade de obras en metais preciosos do ourive Mannig e legou un colar de prato valorado en cen marcos.Dodwell, C. R.; Anglo-Saxon Art: A New Perspective, 1982, Manchester UP, (US edn. Cornell, 1985), pp. 25 & 66 Outro colar foi a Evesham, para ser colocado na imaxe da Virxe que acompaña o crucifixo a tamaño natural de ouro e prata que entregou o matrimonio, e a catedral de San Paulo en Londres recibiu unha casula con flocos de ouro.Dodwell, 180 & 212 Tamén estiveron entre os que máis xenerosos dos doadores anglosaxóns das décadas anteriores á conquista normanda. Os primeiros bispos normandos fixeron pouco uso dos regalos, levándoos a Normandía ou fundíndoos en.Dodwell, 220, 230 & passim miniatura|Estatua ecuestre do século XIX por John Thomas, Maidstone Museum, Kent A mansión de Woolhope en Herefordshire, xunto con outras catro, foi doado á catedral de Hereford antes da conquista normanda por Wulviva e Godiva, habitualmente consideradas esta Godiva e a súa irmá. Na igrexa instalouse no século XX unha cristaleira representándoas.
A súa sinatura, Ego Godiva Comitissa diu istud desideravi [Eu, a condesa Godiva, desexou isto durante longo tempo], aparece en actas supostamente dadas por Thorold de Bucknall ao mosteiro beneditino de Spalding. Con todo, algúns historiadores consideran que esta acta é espuria. Mesmo se é así, é posible que Thorold, que aparece no Domesday Book como shériff de Lincolnshire, fose o seu irmán.
Trala morte de Leofric en 1057, a súa viúva viviu ata algún momento entre a invasión normanda de 1066 e 1086. Aparece mencionada no censo do Domesday como unha das poucas anglosaxoas e a única muller gran terratenente trala conquista. No tempo do censo de 1086, Godiva falecera, mais as súas antigas terras aparecen na listaxe, aínda que con outros propietarios.K.S.B.Keats-Rohan, Domesday People: A prosopography of persons occurring in English documents 1066–1166, vol. 1: Domesday (Boydell Press: Woodbridge, Suffolk 1999), p. 218 Por isto, Godiva debeu falecer entre 1066 e 1086.
O lugar en que foi enterrada Godiva e causa de debate. Segundo o Chronicon Abbatiae de Evesham, ou Crónica de Evesham, foi enterrada na igrexa da Trindade en Evesham, que xa non existe. Segundo o Oxford Dictionary of National Biography, "non existe razón para dubidar de que fose enterrada co seu marido en Coventry, fóra da afirmación da crónica de Evesham de que xace na Santísima Trindade de Evesham".
William Dugdale (1656) di que se colocou unha xanela con representacións de Leofric e Godiva na igrexa da Trindade de Coventry en tempos de Ricardo II.
Lenda A lenda do paseo núa aparece por primeira vez no século XIII, no Flores Historiarum e na adaptación que fixo Roger de Wendover. Non se recolle nos dous séculos entre a morte de Godiva e este capítulo, mentres que si se mencionan as súas doazóns.
Segundo a versión típica da historia,Joan Cadogan Lancaster. Godiva of Coventry. With a chapter on the folk tradition of the story by H.R. Ellis Davidson. Coventry [Eng.] Coventry Corp., 1967. OCLC 1664951 Lady Godiva apiadouse do pobo de Coventry, que estaba sufrindo gravemente baixo as taxas opresivas do seu marido. Lady Godiva suplicaba unha e outra vez ao seu marido, que rexeitaba rebaixalas. Por último, canso dos seus rogos, dixo que aceptaría a petición se ela se espía e cabalgaba así polas rúas da vila. Godiva tomoulle a palabra, e tras emitir un anuncio para que todas as persoas permanecesen dentro das súas vivendas e pechasen as xanelas, cabalgou a través da poboación, vestida só co seu longo cabelo. Só un habitante, un xastre posteriormente coñecido como Peeping Tom, desobedeceu o mandato, nun dos máis famosos exemplos de voyeurismo.Lady Godiva, Historic-UK.com
Algúns historiadores descubriron elementos de rituais de fertilidade pagáns na historia de Godiva, a través dunha moza "May Queen" que foi levada á árbore sagrada de Cofa, quizais para celebrar a renovación da primavera.Marina Warner. When Godiva streaked and Tom peeped The Times, 10 de xullo de 1982 A forma máis antiga da lenda amosa a Godiva atravesando o mercado de Coventry mentres o pobo estaba reunido, axudada só por dous cabaleiros."Lady Godiva (Godgifu)" , Flowers of History, University of California San Francisco Esta versión aparece en Flores Historiarum de Roger de Wendover (finado en 1236).
miniatura|esquerda|Lady Godiva, por Edmund Blair Leighton Outros intentos de atopar unha forma racional e máis plausible para a lenda inclúe unha baseada no costume do tempo dos penitentes de facer un desfile público cunha indumentaria consistente nunha camisola sen mangas semellantes a unha enagua e que era considerada "roupa interior". Así, Godiva puido viaxar na realidade a través da cidade como penitente. A historia de Godiva puido pasar ao folclore e convertida nunha versión máis romántica. Outra teoría di que a "nudez" de Lady Godiva podía referirse a que cabalgou sen as súas xoias, que marcaban a súa clase superior. Con todo, estes intentos de reconciliar feitos reais coa lenda son febles, e na época dos primeiros informes, "naked" só significa "sen roupa ningunha".
Unha versión modificada da historia foi dada polo impresor Richard Grafton, logo elixido membro do parlamento por Coventry. Segundo a súa Chronicle of England (1569), "Leofricus" xa exonerara o pobo de Coventry de "calquera forma de taxa, agás sobre os cabalos", así que Godiva ("Godina" no texto) acordara cabalgar núa só para aliviar o imposto sobre os cabalos. E como condición, requiriu aos oficiais de Coventry que prohibisen á poboación "baixo unha gran pena" que a mirasen e que o día do paseo se encerrasen nas súas casas coas xanelas pechas., volume 1, p.148. Grafton foi un ardente protestante e hixienizou a historia anterior.
A balada "Leoffricus" no Percy Folio (ca. 1650), pp. 473A variant of this ballad is in Collection of Old Ballads (1723–25) adáptase á versión de Grafton indicando que Lady Godiva realizou a súa cabalgata para suprimir as taxas sobre os cabalos, e que os oficiais da cidade ordenaron aos cidadáns que pechasen as súas portas e xanelas e permanecesen no interior das súas vivendas o día do paseo., 3:473-, vv. 53–60 foi inexacto afirmando que "Esta balada menciona por primeira vez a orde...", porque Grafton foi impreso antes.
Peeping Tom miniatura|Estatua de Peeping Tom no desfile de Coventry. W. Reader A historia de Peeping Tom, que foi o único dos cidadáns que espiou o paseo de Godiva, probablemente non se orixinou na literatura, senón na tradición popular da localidade de Coventry. Tense dito que aparece en crónicas do século XVII, mais todos os textos publicados son do século XVIII ou posteriores.
Segundo un artigo de 1826 enviado por un estudoso da historia local que se identificou como W. Reader,, ib., "Show Fair at Coventry described". p.22- (with a sketch of Peeping Tom wooden statue) xa hai unha tradición ben establecida de que había un certo xastre que espiara a Lady Godiva, e que a Gran Feira da Trindade anual, agora chamada Festival Godiva, que inclúe o desfile, ten "unha grotesca figura chamada Peeping Tom", e que era unha estatua de madeira tallada en carballo. O autor data a efixie, segundo o estilo de armadura que leva, no reinado de Carlos II (finado en 1685). O mesmo autor considera que a lenda ten que ser posterior a William Dugdale (finado en 1686) posto que non fixo mención a el nas obras nas que discute Coventry na súa totalidade. "yet no one, including the late Sir W. Dugdale, even hints at the circumstance in question. We may safely, therefore, appropriate it to the reign of Charles II". (A historia do xastre e o uso dunha efixie de madeira pode proceder do século XVII, pero a efixie non sempre se chamou "Tom".)
W. Reader data a primeira procesión de Godiva en 1677, "In 1677... the Procession at the great Fair was first instituted." pero outras fontes sinálana en 1678, e nese ano un rapaz do da famlia de James Swinnerton encarnou a Lady Godiva.Hartland, E. Sydney, Science of Fairy Tales, (1890), p.75, taken down from the Annals of Coventry, ms. D:"31 May 1678, being the great Fair at Coventry.. and Ja. Swinnertons Son represented Lady Godiva"
O Dictionary of National Biography (D.N.B.) achega un informe meticuloso das fontes literarias., "That one person disobeyed the order... first stated by Rapin (1732)... Pennant (Journey from Chester to London)(1782) calls him 'a certain taylor.' The name 'peeping Tom' occurs in the city accounts on 11 June 1773 when a new wig and fresh paint were supplied for his effigy." O historiador Paul de Rapin (1732) fala do folclore de Coventry sobre Lady Godiva realizando o seu paseo mentres "ordena a todas as persoas a manterse afastadas das portas e xanelas, baixo pena de morte " pero un home non puido evitar mirala e "custoulle a vida"; Rapin informou máis tarde que a cidade lembra isto cunha "estatua dun home mirando pola xanela".
Despois, Thomas Pennant en Journey from Chester to London (1782) volveu contar como "a curiosidade dun certo xastre superou o seu medo, botou unha soa ollada". Pennant notou que a persoa que encarnaba a Godiva no desfile non estaba completamente espida, senón que levaba "seda, moi axustada ás súas extremidades", dunha cor que semellaba a pel.Pennant, Thomas, The Journey from Chester to London 1811 edition, p.190 (In Chester's time around 1782 silk was worn, but the annotator of the 1811 edition noted that a cotton garment had since replaced the silk fabric.) Segundo o D.N.B., o documento máis antigo que menciona a "Peeping Tom" por este nome son os anais oficiais de Coventry con data 11 de xuño de 1773, documentando que a cidade expedira unha nova perruga e pintura para a efixie de madeira.