Manley Lanier Jr. 'Sonny' Carter foi un astronauta estadounidense que formou parte da tripulación da misión STS-33. Pasou un total de 5 días no espazo e faleceu o 5 de abril de 1991 durante un accidente aéreo.

Traxectoria Carter naceu o 15 de agosto de 1947 en Macon, Xeorxia. Era graduado en química pola Universidade Emory en 1969, e doutorado en medicina pola mesma universidade en 1973. Estaba casado e tiña dúas fillas.

Foi seleccionado pola NASA en maio de 1984, converténdose oficialmente en astronauta en xuño de 1985. Participou na misión STS-33 como especialista de misión e pasou no espazo un total de 5 días.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-33

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1947 Categoría:Finados en 1991 Categoría:Nados en Macon, Xeorxia