O Fos Provence Basket é un club de baloncesto profesional francés con sede na cidade de Fos-sur-Mer (Provenza-Alpes-Costa Azul). O equipo compite actualmente na LNB Pro A, a máxima categoría do baloncesto galo. O seu pavillón como local é o Complexe sportif Parsemain, con capacidade para 2 000 espectadores.
Historia O 13 de xaneiro de 1972, nunha época de grandes construcións na zona industrial portuaria, o club de baloncesto de Fos-sur-Mer nace baixo o nome de Frat Fosséenne. Os dous fundadores do club foron Paul Bruyère e Jean Lovato. Despois de varios anos na segunda categoría do baloncesto francés, a Pro B, o equipo consegue o 14 de xuño de 2018 ascender por vez primeira á máxima categoría. O equipo finalizara cuarto na liga regular da Pro B, e conseguiu eliminar sendo ao cuarto cabeza de serie ao SLUC Nancy en cuartos de final, ao Rouen Métropole en semifinais e ao Chorale Roanne na final. Na temporada 2020−21, o Provence consegiu gañar de novo a Pro B, regresando á Pro A.
Ano a ano AnoNivelLigaCopa2011–122 Pro B 5º Rolda de 322012–132 Pro B 6º Rolda de 162013–142 Pro B 7º Rolda de 322014–152 Pro B 13º Cuartos de final2015–162 Pro B 4º Rolda de 16 2016–172 Pro B4º Rolda de 16 2017–182 Pro B4º Rolda de 32 2018–191 Pro A17º Rolda de 32 2019–202 Pro B12º Rolda de 16 2020–212 Pro B1º Rolda de 32 2021–221 Pro A16º Cuartos de final
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial do Provence Basket
Categoría:Equipos de baloncesto de Francia