Sad Sirub (en ), nado en Bagdad (Iraq) o 6 de setembro de 1972, é un eclesiástico católico caldeo, bispo e visitador apostólico para os caldeos de Europa dende 2016. Traxectoria Logo de rematar os estudos de Enxeñaría aeronáutica en Bagdad, comezou estudos de filosofía no Seminario Patriarcal Caldeo. Posteriormente estudou Teoloxía na Pontificia Universidade Urbaniana, e logo de ser ordenado sacerdote o 13 de outubro de 2001, licenciouse en Filosofía pola Pontificia Universidade Gregoriana. Entre 2005 e 2006 foi párroco de San Xacobe de Bagdad, e en 2008 doutorouse en Teoloxía en Roma, e posteriormente volveu a Bagdad onde foi párroco da catedral de San Xosé de Bagdad.

O 10 de xuño de 2013 foi elixido bispo auxiliar do patriarcado de Babilonia e bispo titular de Hirta. Recibiu a consagración episcopal de mans do patriarca Luís Rafael I Saku o 24 de xaneiro de 2014. O 19 de novembro de 2016 substituíu a Ramsi Karmu como visitador apostólico dos caldeos residentes en Europa.

Notas

Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados en Bagdad Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Urbaniana Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Gregoriana Categoría:Bispos católicos de Iraq Categoría:Bispos da Igrexa católica caldea Categoría:Bispos católicos do século XXI