Beasts of No Nation é un filme estadounidense de 2015 escrito, producido e dirixido por Cary Joji Fukunaga, que tamén fixo de director de fotografía. Conta a historia dun neno que se converte en soldado cando o seu propio país comeza unha cruenta guerra. Rodado en Ghana e protagonizado por Idris Elba, Abraham Attah, Ama K. Abebrese, Grace Nortey, David Dontoh e Opeyemi Fagbohungbe, o filme baséase na novela homónima de 2005 de Uzodinma Iweala, cuxo título provén dun álbum discográfico de Fela Kuti.

Estreouse na competición oficial do Festival Internacional de Cinema de Venecia, onde gañou o Premio Marcello Mastroianni.

O filme estreouse na sección da Presentación Especial do Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2015, e en Netflix globalmente e nunha estrea limitada nos cinemas a través de Bleecker Street o 16 de outubro de 2015.

Personaxes Abraham Attah como Agu Idris Elba como Comandante Ama K. Abebrese como Nai Kobina Amissa-Sam como Pai Emmanuel Nii Adom Quaye como Strika Kurt Egyiawan como 2nd I-C Jude Akuwudike como Dada Goodblood Grace Nortey como Vella Bruxa David Dontoh como Linguist Opeyemi Fagbohungbe como Sarxento Gaz Teibu Owusu Acheampong como Preacher

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes Ficha en MetaCritic

Categoría:Filmes de 2015 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua twi Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Cary Fukunaga Categoría:Filmes rodados en Ghana Categoría:Filmes ambientados en África Categoría:Filmes de Netflix Categoría:Filmes de Participant Media