A Supercopa de España de hóckey a patíns 2018-2019 é a 16ª edición da Supercopa de España. A competición disputouse os días 15 e 16 de setembro de 2018 na localidade catalá de Sant Sadurní d'Anoia e foi organizada pola Real Federación Española de Patinaxe, a Asociación de Clubes de Hóckey a Patíns (ACHP) e o Club Esportiu Noia. Coincidindo coa disputa da Supercopa de España, o 14 de setembro presentouse na sede de Cavas Freixenet en Sant Sadurní d'Anoia a tempada 2018-19 da OK Liga e a OK Liga Feminina con representantes de todos os cadros de xogadores de ambas competicións e as máximas autoridades do hóckey a patíns español.

Ao finalizar a competición o Hockey Club Liceo da Coruña alzouse co título logo de derrotar na final ao Barça Lassa por 3-2 cun gol a falta de 10 segundos para a conclusión do partido. Esta foi a segunda vez na súa historia que o equipo coruñés gañou o título, dous anos despois do primeiro título conseguido en Reus fronte ao Reus Deportiu.

Pau Bargalló do Barça Lassa, Carlo Di Benedetto e Eduard Lamas, ambos do H.C. Liceo, foron os tres máximos goleadores do torneo, con dous goles cada un, se ben Di Benedetto e Lamas foron os únicos que marcaron nos dous partidos. Todos os partidos da edición finalizaron con idéntico resultado (3-2).

Sede

A competición disputouse no Pavelló Olímpic de l'Ateneu Agrícola de Sant Sadurní d'Anoia, un pavillón deseñado polo arquitecto Joan Rovira inaugurado en 1981 e con capacidade para máis de 1 000 persoas. Ten unha superficie de terrazo de 40 x 20 metros.

Esta foi a segunda vez que o pavillón acolleu a Supercopa de España, logo de ter organizado a competición en 2011, así como as fases finais da Copa do Rei e a Copa da Raíña en 2001 e 2008 respectivamente, e foi sede da rolda preliminar da competición de hóckey a patíns dos Xogos Olímpicos de 1992. Ademais acolle os partidos disputados polo Club Esportiu Noia, tanto na OK Liga como nas competicións europeas dende a súa inauguración, substituíndo a pista descuberta na que o equipo xogaba ata a súa inauguración.

Participantes e sistema de competición O torneo disputouse en formato de final a catro, con eliminatorias directas de dúas semifinais e final. O xoves 26 de xullo de 2018 celebrouse o sorteo dos calendarios da tempada 2018-19 da OK Liga, OK Liga Feminina, OK Liga Prata, e a Supercopa de España. O acto tivo lugar no auditorio do Museu Olímpic i de l’Esport Joan Antoni Samaranch, en Barcelona, e contou coa presenza de Carmelo Paniagua, presidente da Real Federación Española de Patinaxe, e o Comité Nacional de Hóckey a Patíns, Josep Ribas. O sorteo das semifinais foi o terceiro que se realizou no acto, logo dos da OK Liga Feminina e a OK Liga Prata.

Nesta edición participaron un total de catro equipos, os tres primeiros clasificados da OK Liga 2017-18 e o Club Esportiu Noia como anfitrión. Os catro equipos participantes foron os seguintes:

20px Barça Lassa: campión da OK Liga 2017-18 e a Copa do Rei 2018 de hóckey a patíns. 20px H.C. Liceo: subcampión da OK Liga 2017-18 20px Reus Deportiu: terceiro clasificado da OK Liga 2017-18. 20px Noia Freixenet: equipo organizador.

Cadros de xogadores Os xogadores que integraron os equipos participantes nesta edición da Supercopa de España foron os seguintes:

Barça Lassa Número Nome Posición 1 Aitor Egurrola (C) POR 3 Marc Gual DEF/MED 4 Matías Pascual DIA 7 Pablo Álvarez DIA 8 Pau Bargalló DIA 9 Sergi Panadero DIA 24 Nil Roca DEF/MED 33 Ignacio Alabart DEF/MED 79 João Rodrigues DIA 10 Sergi Fernández POR Corpo técnico Adestrador Eduardo Castro Segundo adestrador Jordi Roca Lázaro HC Liceo Número Nome Posición 1 Xavier Malián POR 3 Josep Lamas (C) DEF/MED 6 Eduard Lamas DEF/MED 8 David Torres DIA 9 Carlo di Benedetto DEF/MED 13 Facundo Bridge DIA 21 Fabrizio Ciocale DIA 23 Marc Coy DIA 55 Sergio Miras DEF/MED 10 Martín Garaboa POR Corpo técnico Adestrador Juan Copa

Reus Deportiu Número Nome Posición 1 Candid Ballart POR 2 Joan Salvador Escala DEF/MED 5 Joan Salvat (C) DIA 6 Romá Bancells DEF/MED 14 Tiago Rafael DEF/MED 15 Marc Julià DIA 17 Cristian Rodríguez DIA 27 Alex Rodríguez DIA 55 César Carballeira DEF/MED 10 Juan José Matilla POR Corpo técnico Adestrador Jordi García Roselló Segundo adestrador Ramón Margalef Torrell Noia Freixenet Número Nome Posición 77 Jesús Fernández POR 4 Aleix Esteller (C) DEF/MED 6 Xavier Costa DIA 7 Roger Coma DEF/MED 8 Humberto Mendes DEF/MED 9 Marc Grau DIA 44 Sergi Roca DIA 55 Sergi Aragonés DIA 66 Eduard Fernández DEF/MED 10 Martí Zapater POR Corpo técnico Adestrador Pere Varias Fernández Segundo adestrador Antonia Aranda Córdoba

Resultados

Semifinais Reus Deportiu vs H.C. Liceo Na primeira semifinal enfrontáronse o Reus Deportiu e o H.C. Liceo nun partido moi intenso. O conxunto galego sentenciou o partido na primeira parte, na que Di Benedetto, e os irmáns Lamas despois, deixaban un claro 0-3 ao descanso. Na primeira parte o Liceo dominou a bóla e tivo numerosas ocasións para abrir o marcador, entre elas unha falta directa que Di Benedetto non conseguiu transformar, se ben uns minutos despois anotaba o primeiro tanto a pase de Miras, a este lle seguirían outros dous, primeiro por medio de Josep Lamas a pase de Eduard Lamas, que anotaría o terceiro a pase de seu irmán. Na segunda parte o Liceo limitouse a esperar ao Reus, dándolle vida ao conxunto catalán, ao que lle anularon un gol, e por mediación de Cristian e Julià reducía a vantaxe liceísta, e unha directa errada por Julià a pouco máis dun minuto evitaba o empate dos xogadores de Jordi García.

F.C. Barcelona vs C.E. Noia Na segunda semifinal o anfitrión recibiu ao Barça Lassa, bicampión de liga e copa na tempada precedente. Os culés adiantáronse no marcador por medio de Bargalló e o coruñés Alabart na primeira metade, mais o Noia conseguiu recurtar a diferenza cun gol do angolano Mendes logo dun disparo de Esteller pouco antes do descanso. Na segunda parte Eduard empataba o encontro ao transformar unha falta directa, mais poucos minutos despois un novo tanto de Bargalló deixaba o definitivo 3-2 no marcador, a pesar dos intentos do Noia, os anfitrións non conseguiron chegar con suficiente perigo á portería de Egurrola.

Final O Liceo e o Barcelona, os dous finalistas da Copa do Rei de 2018 e os dous primeiros clasificados na OK Liga, disputaron unha final moi igualada. O primeiro gol do partido chegou dende o punto de penalti, dende onde Panadero puña en vantaxe aos azulgrana. A pesar do gol o partido non mudou e as defensas seguiron dominando ata que o pequeno dos Lamas igualou o encontro a tres minutos para o descanso. Pouco antes do descanso o equipo coruñés puido adiantarse no marcador logo dun cartón azul amosado a Panadero, mais Di Benedetto fallou a directo. Na reanudación, e co Liceo aínda en superioridade, o cadro herculino adiantouse grazas a un potente disparo de Coy. A falta de 15 minutos o Liceo púxose con nove faltas, a unha do lanzamento directo. A falta de sete minutos para o final do partido Matías Pascual igualou o partido. No tramo final do partido, e cos dous equipos con nove faltas, volveu o control que dominou o inicio do choque, ata que a dez segundos para o final Di Benedetto superou a Sergi Fernández e anotaba o terceiro gol liceísta a pase de Miras.

Campión da Supercopa de España 2018-2019150pxH.C. Liceo2º título

Notas

Referencias

Véxase tamén Ligazóns externas Resumos dos partidos Highlights | Reus Dep. 2-3 HC Liceo | Semifinal Supercopa '18 en YouTube Resum del Reus Deportiu 2-3 HC Liceo en YouTube Resum del FC Barcelona 3-2 CE Noia en YouTube Highlights | HC Liceo 3-2 FC Barcelona | Final Supercopa '18 en YouTube Resum de la final de la Supercopa 2018 (HC Liceo vs FC Barcelona) en YouTube

Ligazóns xerais Sitio web da Real Federación Española de Patinaxe Sitio web do CE Noia Freixenet

Categoría:Supercopa de España de hóckey a patíns Categoría:Hóckey a patíns en 2018 Categoría:Sant Sadurní d'Anoia