John William Dolmayan (en ), nado en Beirut (Líbano) o 15 de xullo de 1973, é un músico estadounidense, batería do grupo System of a Down.

Traxectoria Mudouse primeiramente coa familia para Toronto e despois para Os Ánxeles. Gústalle a banda Radiohead e o saxofonista Stan Getz. Foi considerado polas revistas especializadas o mellor e máis técnico batería do 2000 e aínda hoxe continúa entre os mellores. Emprega unha batería TAMA, Star Classic, Maple e pratos Paiste.

Para el, un dos momentos máis emocionantes da aínda curta carreira de System of a Down foi a primeira xira, como abreconcertos de Slayer.

Categoría:Baterías Categoría:Membros de System of a Down Categoría:Nados en Beirut Categoría:Nados en 1973