Cristina Bruno Almqvist nada na Coruña, é unha pianista galega.
Traxectoria
Está titulada polo Conservatorio de música de Madrid e na Universidade de Música de Hamburgo. Estudou cos mestres Cubiles, Carra e Zubeldía, e no estranxeiro coas músicas Florica Muzicescu, Eliza Hansen e Maria Curcio en Bucarest, Hamburgo e Londres, respectivamente.
Foi bolseira da Fundación Juan March. Comezou a dar concertos en 1968. Primeiro en Madrid e despois en HamburgoActuou como solista en orquestras españolas e estranxeiras: London Symphony, Suisse Romande, Sinfónica Hamburgo, Orquestra RTV Bucarest ou Orquestra RTV Española.Na súa carreira foi moi importante o director de orquestra Sergiu Celibidache, quen a escolle como solista. O seu repertorio abrangue dende o barroco ata a música contemporánea.
En 2009 tocou coa Real Filharmonía de Galicia, baixo a batuta de Antoni Ros-Marbá, primeiro no Teatro Monumental de Madrid e o 13 de marzo no Auditorio de Galicia.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Sitio persoal da pianista
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Pianistas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes