miniatura|Peso de cinco minas da cidade-estado sumeria de Lagash. Ca. III milenio a. de C. (Museo do Louvre) A mina (arameo: mĕnē; hebreo: מנה -manäh-; grego: μνᾶ -mna-; en acadio: manû; en latín: mina) foi unha unidade de peso propia do Oriente Próximo na Antigüidade, equivalente a 1,25 libras (arredor de 0,57gramos), que posteriormente se utilizou como unidade de moeda."Mina ". En Digalego. Dicionario de galego."Money: The Mina". En Hirsch, E. G. et al. Jewish Encyclopedia. 1906"Mina". En Girod (1827). Páxina 27.
No mundo hebreo dividíase en 50 siclos. Na Grecia antiga, a mina equivalía orixinalmente a 70 dracmas e posteriormente aumentou ata os 100 dracmas.Aristóteles. Constitución dos atenienses. 10.2 (Ver texto en inglés)
Desde os primeiros momentos da civilización sumeria, xa se utilizaba a mina como unidade de peso, con anterioridade á aparición dos siclos e dos talentos. En tempos de Ur-Nammu, a mina tiña un valor de 1/60 talentos ou 60 siclos."Mina ". En Algunos tipos de monedas antiguas. www.tesorillo.com"Mina". En Schulzki, Heinz-Joachim. Brill’s New Pauly.
A mina no sistema monetario da Antiga Grecia As equivalencias da mina coas outras moedas daquela época son as seguintes:Renfrew; Wagstaff. 1982. An Island Polity. The archeology of exploitation in Melos. Cambridge University Press. 1982. Páxina 49. ISBN 0521237858. "One Attic talent was the equivalent of 60 minae or 6,000 drachmae..."
1 talento = 60 minas 1 mina = 100 dracmas 1 estatero = 2 dracmas 1 dracma = 6 óbolos 1 óbolo = 8 calcos
Referencias literarias antigas
O profeta Ezequiel fai referencia á mina como equivalente a 60 siclos, no Libro de Ezequiel. Tamén é moi salientable neste sentido a "parábola das minas" no Evanxeo de Lucas. O sofista Evenos de Paros cobraba polas súas leccións 5 minas.Platón. Apoloxía de Sócrates. 20b: Canto cobra? É Evene, Sócrates, respondeume Callias; é de Paros, e cobra cinco minas. (Ver texto bilingüe grego-francés). Platón nas súas Leis, estipula en cinco, tres, dúas ou unha mina os gastos por un enterramento, en función da clase á que pertencese o defunto.Platón. As leis. Libro XII-IX. Os gastos da sepultura non se elevarán nunca a máis de cinco minas para os cidadáns da primeira clase, de tres para os da segunda, de dúas para os da terceira e dunha mina para os da cuarta. (Ver texto en francés) Teofrasto, en Caracteres, amosa un home cobizoso que desconta catro dracmas dunha débeda de 30 mines.Teofrasto. Caracteres. XXX. Edición en galego a cargo de Pedreira Sanjurjo, Iria. Rinoceronte Editora, 2017. ISBN 978-84-92866-90-8 Ateneo de Naucratis conta na súa obra Deipnosophistes que a cortesá Friné tería solicitado unha mina por unha noite, segundo o poeta cómico Machon.Ateneo de Naucratis. Deipnosophistes. XIII, 45. Machon non paraba de solicitar os favores de Friné, a cortesá de Tespias. Un día ela esixiulle unha mina por se deitar con el. (Ver texto en francés)
Galería de imaxes Os seguintes debuxos correspóndnse ás ilustracións de diversos tipos de pesos dunha mina procedentes do dicionario de antigüidades de Daremberg.Daremberg, C. Le Dictionaire des Antiquités Grecques et Romaines. Tomo III. París, 1904.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Moeda da Antiga Grecia
Bibliografía
Carradice, I.; Price, M. Coinage in the Greek World. Londres, 1988. ISBN 978-0900652820 Girod. Dictionaire epécial et classique des monnaies, poids, messures, divisions du temps, chez les grecs, les romains, les juifs et les égyptiens. París-Lion, 1827
Categoría:Moedas da Antiga Grecia Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Moedas de Asia Categoría:Unidades de medida históricas Categoría:Historia de Israel