Epicrates maurus é unha especie terrestre do xénero Epicrates, da familia das boas na suborde das serpes. Habita en rexións cálidas do sur de América Central e o noroeste de América do Sur.

Distribución xeográfica e subespecies Esta especie distribúese en rexións cálidas do sur de América Central e o noroeste de América do Sur. Conta con dúas subespecies: Epicrates maurus maurus (Gray, 1849) - Habita dende Nicaragua a través de Costa Rica, oeste de Panamá, Colombia, até o noroeste de Venezuela, nos estados de Mérida e Cojedes. Epicrates maurus guyanensis Matz, 2005 - Habita dende o nordeste de Venezuela, as illas de Margarita e Trinidad e Tobago, Güiana, Suriname e Güiana Francesa, até o norte do Brasil, nos estados de Amapá e Pará.

Véxase tamén

Outros artigos Cobras

Categoría:Serpes Categoría:Serpes de América Central Categoría:Serpes de América do Sur Categoría:Animais descritos en 1758