Secret Machines foi un trío estadounidense de rock alternativo. Formouse en Dallas, Texas, no ano 2000 e posteriormente trasladouse a Nova York. Eles definen o seu estilo como space rock. A formación orixinal estaba composta por dous irmáns, Brandon (voces, baixo e teclados) e Benjamin Curtis (guitarra e coros), e Josh Garza (batería). No mes de marzo de 2007 Benjamin deixou o grupo para centrarse en School of Seven Bells e foi substituído por Phil Karnats.
Aínda que non se realizou ningún anuncio oficial, a banda leva inactiva dende 2010. Nese ano Brandon Curtis comezou a a actuar como membro de xira de Interpol.
Discografía Álbum Ano Selo Now Here Is Nowhere 2004 Reprise Records Ten Silver Drops 2006 Reprise Records Secret Machines 2008 World's Fair Label Group, TSM Recordings
Notas
Categoría:Grupos musicais de Texas Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de space rock Categoría:Grupos musicais de new prog Categoría:Grupos musicais formados en 2000