miniatura|Filipo ou estatero de ouro de Macedonia, cuñado en Colofón ca. 323-317 a. de C. Anverso: cabeza laureada de Apolo. Reverso: ΦΙΛΙΠΠΟΥ e biga. Peso: 8,65 g. Filipo (en grego: φιλίππειος-philippeios-) é a denominación das moedas da Antiga Grecia con valor dun estatero cuñadas en ouro no século IV a. de C. no antigo Reino de Macedonia polo rei Filipo II (395-336 a. de C.) e algúns dos seus sucesores."Filipo ". En Digalego. Dicionario de galego."Filipo". En Alfaro Asins et al. (2009)."Filipo". En Mateu y Llopis, F. (1946)."Filippino". En Amandry (2001).
Historia Os filipos, cuñados por vez primeira nalgún momento entre os anos 355 e 347 a. de C., responden a unha tipoloxía fixa, caracterizada pola presenza do busto da deidade grega Apolo nos seus anversos e, nos reversos, unha biga ou carro tirado por dous Cabalos.Metcalf (2012). Páxinas 176-177. Nas primeiras tiraxes, Apolo amósase con cabelo longo, e, a partir de aí, mantívose permanentemente con cabelo curto nas posteriores emisións.Seltman (1955). Páxina 201.
Os filipos estaban destinados primordialmente ás grandes adquisicións fóra de Macedonia e, consecuentemente, tiveron un rápido espallamento, primeiro polos Balcáns e a Grecia continental e máis tarde (como se reflicte nos achados) por Italia, Constantinopla, o sur da actual Rusia, Chipre, Siria e Exipto.
Con todo, as maiores cantidades de filipos foron cuñados en tempos do sucesor de Filipo II, Alexandre o Grande, aínda que mantiveron a súa denominación na honra do seu creador.Bernstein, P. (2000). Páxinas 42-43."Les «Philippes»: des statères d'or de Philippe de Macédonie ". En www. sacra-moneta.comMartinelli, C. "Statheres XPYSOI PHILIPPEIOI negli atti di vendita di Amfipoli". En Annali (Istituto Italiano di Numismatica). Nº 55. 2009. Páxinas 77-101. ISSN 0578-9923
Influencia miniatura|esquerda|Imitación dun filipo na Europa central, de mediados do século III a. de C., coa tradicional cabeza de Apolo no anverso e unha biga moi esquemática no reverso. Diámetro: 17 mm. Peso: 8,28 g. Os filipos están consioderadas como as moedas máis famosas das cuñadas baixo a autoridade de Filipo II de Macedonia e a súa influencia mantívose mesmo despois de deixar de estar en circulación, xa que os seus deseños e as súas características metrolóxicas foron moi imitados alén das fronteiras gregas.Hammond (1998). Páxinas 53-54.
Os estateros de ouro dos galos ouro staters, cuxo deseño imitaba moi estreitamente o dos filipos, continuaron a emitirse ata a fin da Guerra das Galias tres séculos máis tarde (58 a 51 a. de C.).Bernardeau, S. "Statère d’or de Vercingétorix". En www.panoramadelart.com miniatura|Imitación dun filipo por parte dos celtas parisii, no nordés da Galia, cos deseños tanto do anverso como do reverso moi deturpados. Século II a. de C. Diámetro: 22 mm. Peso: 7,36 g. En moitos casos, o deseño das moedas mudou conforme se foi adaptando ás culturas alleas á grega. En ocasións, o cabelo de Apolo alongouse e estilizouse, mentres que a carruaxe dos reversos se reducía a un simple cabalo, ocupando o espazo restante con simboloxía celta como a cruz solar, a cabeza dun xabaril ou a representación do deus de Sol, Ogmios.
O espallamento dos filipos chegou a ser tan amplo que, en moitos textos romanos antigos, a palabra philippeioi se usou para se referir xenericamente a calquera moeda de ouro pesada.Psoma (2009). Páxinas 170 e 175-176
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Moeda da Antiga Grecia Estatero
Bibliografía
Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7 Amandry, M. (dir). Dictionaire de Numismatique. París, 2001. ISBN 2-03-505076-6 Baldwin, A. Catalogue of Greek coins. Museum of Fine Arts. Boston, 1955 Bernstein, P. The Power of Gold. John Wiley & Sons, Inc. 2000. ISBN 0-471-25210-7 Carradice, I.; Price, M. Coinage in the Greek World. Londres, 1988. ISBN 978-0900652820 De Jersey, Philip. Celtic Coinage in Britain. Shire Publications. 1996. ISBN 0-7478-0325-0 Hammond, N. G. L. The Genius of Alexander the Great. UNC Press Books. 1998. ISBN 0-8078-4744-5 Mateu y Llopis, F. Glosario hispánico de Numismática. Barcelona, 1946. Metcalf, W. The Oxford Handbook of Greek and Roman Coinage. Oxford University Press. 2012. ISBN 0-19-530574-4 Price, M. J. The coinage in the name of Alexander the Great and Philip Arrhidaeus. Vol I. The British Museum & Swiss Numismatic Society. Zúric/Londres, 1991. Psoma, S. "Monetary Terminology in Pre-Roman Asia Minor". En Epigraphica Anatolica. 42. 2009 Seltman, Ch. T. Greek coins: a History of Metallic Currency and Coinage Down to the Fall of the Hellenistic Kingdoms. Methuen, 1955. Smith, W. A Dictionary of Greek and Roman Antiquities. John Murray. Londres, 1890.
Categoría:Moedas da Antiga Grecia Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Moedas de Asia Categoría:Moedas de ouro Categoría:Unidades de medida históricas Categoría:Asia Menor Categoría:Celtas Categoría:Alexandre Magno