Aj Ne' Ohl Mat ou Ajen Yohl Mat, finado o 8 ou 11 de agosto de 612, foi un ahau do señorío maia de B'aakal, cuxa cidade capital era Lakam Ha', hoxe coñecida como a zona arqueolóxica de Palenque. Gobernou do 605 ó 612 e tamén é coñecido como Ac Kan ou Ah Lawal Mat.
Traxectoria É moi probable que sexa fillo da súa antecesora Yohl Ik'nal e irmán de Janaab' Pakal (Pakal “o Vello”).O epigrafista Peter Mathews suxeriu o nome de Pakal “the Elder” para evitar confundir a este personaxe co seu neto.Skidmore, 2008; 56: Karen Bassie-Sweet suxeriu que Janaab' Pakal puido ser esposo de Yohl Ik'nal e ambos os pais de Sak K'uk' (Skidmore, 2008; 57) De acordo á conta longa do calendario maia, Aj Ne' Ohl Mat foi entronizado o 9.8.11.9.10 8 ok 18 muwan, é dicir, o 1 de xaneiro do ano 605. Durante o seu goberno, a influencia do señorío de B'aakal chegou até Santa Elena, á marxe esquerda do río San Pedro Mártir, lugar que sería unha fonte constante de conflito co señorío de Kaan, cuxa sede foi Calakmul, aínda que probablemente nesa época a sede se atopase en Dzibanché.Skidmore, 2008; 54
O 4 ou 7 de abril de 611, o “divino señor de Kaan” ou k'uhul Kaan ajaw, coñecido como Serpe Enrolada, derrotou a Palenque.Bernal, 2012; 3Skidmore, 2008; 62 Aj Ne' Ohl Mat e o seu irmán Janaab' Pakal sobreviviron ó ataque. Trala derrota, a sociedade palencana dividiuse, unha parte emigrou a Tortuguero e outra regresou novamente a Palenque. Aj Ne' Ohl Mat morreu o 9.8.19.4.6 2 kimi 14 mol.Skidmore, 2008; 63 Mentres tanto o seu irmán Janaab' Pakal exerceu algunha clase de poder en Santa Elena, pero non accedeu ó trono de Palenque de maneira oficial, pois morreu o 6 de marzo de 612, antes que Aj Ne' Ohl Mat; o seu nome está descrito no sartego de Pakal o Grande.Skidmore, 2008; 65
Aínda que Sak K'uk' foi a sucesora de facto en Lakam Ha', houbo unha crise dinástica no señorío de B'aakal. Unha facción da nobreza palencana, encabezada por Ik' Muuy Muwaan, estabeleceuse en Tortuguero.Bernal, 2011; 283 De feito, en Palenque non existen rexistros que indiquen as celebracións do final do katún do ano 613 (9.9.0.0.0 3 ajau 3 zotz).Bernal, 2011; 287
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 612 Categoría:Gobernantes de Palenque