miniatura|Calco da cidade-Estado de Colofón, en Xonia, coa cabeza de Apolo no anverso O calco (do grego: χαλκός -chalkòs, "cobre")"χαλκός". En Liddell, H. G; Scott, R. A Greek-English Lexicon. Oxford. Clarendon Press, 1940. foi unha moeda da Antiga Grecia cuñada en bronce, propia da Ática.Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Calco".Melville Jones (1986). "Chalkos".Amandry (2001). "Chalque"."Calco ". En Algunos tipos de monedas antiguas. www.tesorillo.com

Historia Do mesmo xeito ca outras moedas de bronce, a súa circulación comezou a cobrar importancia cara ao remate da época helenística.

No sistema monetario da Antiga Grecia, o calco era a moeda divisionaria máis pequena coñecida. En función dos diferentes padróns monetarios, esta moeda podía equivaler a unha oitava o ben a unha duodécima parte do óbolo, que era unha moeda de prata.Amandry, M. et al. (2001). Páxina 89. Deste xeito, en Atenas e nos imperios seleúcida e tolemaico, o calco equivalía á oitava parte do óbolo; porén, no Peloponeso, en Beocia, en Tesalia, en Xonia e no mar Exeo o óbolo estaba dividido en 12 calcos.Psoma, S. "Le nombre de chalques dans l'obole dans le monde grec". En Revue Numismatique. 1998. 153. Páxinas 19-29.

O calco no sistema monetario da Antiga Grecia As equivalencias do calco coas outras moedas daquela época son as seguintes:Renfrew; Wagstaff. 1982. An Island Polity. The archeology of exploitation in Melos. Cambridge University Press. 1982. Páxina 49. ISBN 0521237858. "One Attic talent was the equivalent of 60 minae or 6,000 drachmae..."

1 talento = 60 minas 1 mina = 100 dracmas 1 estatero = 2 dracmas 1 dracma = 6 óbolos 1 óbolo = 8 calcos

Divisores e múltiplos

Divisores Existiu un debate sobre a posible existencia de subdivisións do calco. Botando man da documentación antiga, unha listaxe de pagamentos descuberta en 1905 Preto de Mesene daba a entender que as divisións do calco foron utilizadas a finais do período helenístico, polo menos en MeseneGrandjean, C. "La valeur des monnaies de bronze du Péloponèse à l'époque classique et hellénistique". En Revue Numismatique. 6ª serie. Vol. 153. 1988. Páxinas 31-40. No entanto, outras fontes comunmente utilizadas, como o Onomasticon de Xulio Pólux, non mencionaban subdivisión ningunha do calco.Psoma, S. (2001). Páxinas 125-133.

Hoxe coñécense dous divisores do calco:

Leptón: 1/7 calco.Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Lepton (2)"."La moneda de bronce en el Mediterráneo clásico". En Numismática Clásica. 2016. "Lepton: esta denominación ofrece dudas sobre sus equivalencias, pero se cita como 1/7 de calco". Hemicalco: 1/2 calco.Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Hemicalco".

Múltiplos

Dicalco: dous calcos.Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Dicalco". Tricalco: tres calcos.Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Tricalco". Tetracalco: catro calcos.Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Tetracalco".

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Moeda da Antiga Grecia Óbolo

Bibliografía Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7 Amandry, M. et al. La monnaie grecque. Ed. Elipses. 2001 ISBN 978-2-729-80846-4 Carradice, I.; Price, M. Coinage in the Greek World. Londres, 1988. ISBN 978-0900652820 Melville Jones, J. R. A Dictionary of Ancient Greek Coins. Londres, 1986. ISBN 978-0900652813 Picard, O. "Monnaie et circulation monétaire à l’époque classique". En PALLAS, 74. 2007. Páxinas 111-126 Psoma, S. Olynthe et les Chalcidiens de Thrace: Etudes numismatiques et d'histoire. Berlín, Franz Steiner, 2001 ISBN 978-3-515-07538-1

Categoría:Moedas da Antiga Grecia Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Moedas divisionarias