O Pagamento do tributo ou O Tributo, é un fresco, obra do pintor do Renacemento, Masaccio, que forma parte da decoración da Capela Brancacci na igrexa de Santa María del Carmine de Florencia, na que o tema xenérico eran as historias de san Pedro, patrón da familia Brancacci.

O traballo, datable cara 1425, ocupa unha superficie de 2,55 x 5,98 metros e retrata un episodio desas historias de san Pedro no que Xesús convídao a paga-lo tributo esixido por un recadador de impostos para entrar na cidade de Cafarnaún. Esta escena é universalmente recoñecida como un dos cumes máis altos da arte masaccesca a comezos do Renacemento.

A Capela Brancacci miniatura|Michelangelo, copia do Pagamento do tributo, Múnic, Staatliche Graphische Sammlung Os frescos da Capela Brancacci son un enigma para os estudosos por mor da falta de documentación oficial. A hipótese máis admitida é que a capela Brancacci, foi fundada arredor de 1366-1367 por Piero di Piuvichese Brancacci. Posteriormente, o seu sobriño e herdeiro, Felice Brancacci, nalgún momento entre 1423 e 1425 encargou ao pintor Masolino a decoración das paredes cunha serie de frescos da vida de San Pedro. Pedro era o nome do fundador e o santo patrón da familia Brancacci, e tamén se entende a elección do santo como un apoio ao papado romano durante o Gran Cisma.

Cando Masolino recibiu o encargo da realización contou coa axuda dun Masaccio aínda mozo co que xa colaborara anteriormente en Sant'Anna Metterza. Cando en 1425, Masolino emprendeu viaxe a Hungría, Masaccio quedou ao cargo dos frescos onde traballou sen os rematar pois, en 1428, tivo que marchar a Roma, onde morreu. Finalmente, sobre 1480 foron rematados por Filippino Lippi. Porén, o fresco do Tributo, é considerado unha obra propia de Masaccio.

A decoración comeza no rexistro superior, destruído no século XVIII, con dous lunetos de Masolino e dous semilunetos de Masaccio e Masolino respectivamente, nos que se atoparon restos de sinopia. A decoración continuou nos rexistros medio e inferior que se conservaron até hoxe. Coa expulsión do comitente, Felice Brancacci, da cidade en 1436, os frescos quedaron definitivamente interrompidos e, en parte, elimináronse os retratos da familia Brancacci. En 1480, cincuenta anos máis tarde, foron completados por Filippino Lippi,Toscana. Guida completa (2004), p. 37 que tentou adapta-lo seu propio estilo ás características do primeiro Renacemento, cando se comezaron. Os frescos foron admirados e estudados por xeracións enteiras de artistas florentinos que ían aprender os elementos básicos do oficio: a forma, a luz e o espazo. Mesmo Miguelanxo copiou o san Pedro que paga o tributo nun debuxo que se conserva na actualidade no Kupferstichkabinett de Múnic.

Durante os séculos seguintes, os frescos foron alterados e sufriron danos. En 1746, os rexistros superiores foron repintados por Vincenzo Meucci, que cubriu a maior parte da obra Masolino. A escena do Tributo, que se salvou do repintado, viuse afectada polo ennegrecemento a causa dun lume producido en 1771 que destruíu gran parte da basílica. Co paso do tempo, estas circunstancias influíron nos estudos sobre a obra de Masaccio pois levou a pensar que tiña un estilo de cores sombrías e escuras; finalmente, moitos destes estudos foron rexeitados trala gran restauración que se levou a cabo entre 1983-1990 en que se recuperou a brillante policromía orixinal a pesar de que, noutras partes, as pinturas sufriran danos irreparábeis, sobre todo nas zonas que se pintaran como un secco: no Tributo, as follas das árbores desapareceran e a túnica de Cristo perdeu gran parte do seu brillo azul orixinal.

Descrición miniatura|A Pesca de Pedro A escena amosa tres episodios consecutivos que só aparecen no Evanxeo de Mateu (17:24-27); o cal, segundo a tradición cristiá, fora tamén recadador de impostos antes de seguir a Cristo: A pasaxe foi explicada como unha lexitimación da primacía da autoridade civil fronte á relixiosa e, a miúdo, aparece en unión con outra pasaxe que é o episodio de "dar ao César..." que vén relatado en Matei 22:15-22 no que un grupo de fariseos tenta enganar a Cristo para que se incrimine a si mesmo, cando lle preguntan se "é licito dar tributo ao César, ou non"; Cristo pide unha moeda e pregunta de quen é a imaxe que está alí representada. Ao indicarlle que é o César, el afirma "Dádelle ao César o que é do César e a Deus o que é de Deus".Véxase Mateu 12:13-17 e Lucas 20:20-26 Igualmente, na pasaxe queda confirmada a escasa idade dos apóstolos pois, a expresión "paga por ti e por min", probablemente significa que tan só Cristo e Pedro teñen que paga-lo tributo pois o resto dos apóstolos estarían exentos como tódolos mozos da época.miniatura|O pagamento (detalle)

A obra retrata tres momentos diferentes, habilmente colocados consecutivamente mediante un sistema de xestos e miradas dos protagonistas: a petición do tributo a Xesús e os apóstolos (no centro), a pesca de Pedro (esquerda), e o pagamento do tributo (á dereita). Como no caso de Expulsión do Paraíso, tamén aquí, a escena non representa fielmente a pasaxe bíblica senón que ten algunhas licenzas.

No centro, aparece Cristo entre os apóstolos (con cadanseu nimbo), unha típica representación dos primeiros cristiáns, fronte a un cobrador de impostos que, ao mesmo tempo que esixe os cartos para entrar na cidade mediante a man esquerda aberta, coa dereita indica a porta da cidade. O robusto cobrador de impostos aparece representado coa clásica túnica curta propia da época, mentres vira as costas e o seu rostro permanece na sombra, seguindo un convencionalismo tradicionalmente reservado para os malvados como Xudas Iscariote ou o diaño. Cristo, imperturbábel ("Dádelle ao César o que é do César e a Deus o que é de Deus") ordena a Pedro (vestido cun tecido azul e cun manto amarelo) cun xesto elocuente, que vaia á beira do lago, onde vai atopar un peixe que na gorxa leva a moeda. Pedro semella sorprendido coa orde (as cellas están engurradas), e tamén sinala para a esquerda, como pedindo a confirmación da orde ao mesmo tempo que guía a mirada do espectador para a seguinte escena da historia.

Na parte esquerda, aparece Pedro, na beira do lago, coa capa ao seu carón para ter liberdade de movementos, vese pequeno e solitario, con naturalidade abrindo a boca do peixe onde, milagrosamente, atopa unha moeda. A figura é moi expresiva, cunha disposición moi realista e expresiva das pernas do apóstolo o que amosa, por parte de Masaccio, máis a procura dunha postura naturalista por parte do apóstolo mentres relega, en contra da práctica habitual da época, o milagre a unha posición secundaria.

Na parte da dereita, Pedro, vai paga-lo tributo entregando, con certa solemnidade, a moeda na man do recadador. Este, semella presuntuoso e altivo ignorando o milagre que vén de suceder. Ámbolos dous están lixeiramente separados do resto do grupo e a estrutura arquitectónica serve de pano de fondo.

A composición miniatura|Esquema da perspectiva no Tributo.|alt= A composición ten unha grande importancia pois está realizada en tres escenas consecutivas mais non ordenadas. A escena parte do centro e principia coa esixencia do recadador de impostos. A cabeza de Cristo é o punto de fuga no que converxen as liñas e queda convertido, así, no fulcro de toda a obra. De seguido, tanto Cristo como Pedro sinalan ó lado esquerdo da pintura onde se produce a seguinte nun espazo no fondo: Pedro saca a moeda da boca do pez. Finalmente na escena final, á dereita, Pedro paga ao recadador.

Todo está organizado pola perspectiva e ese mesmo patrón de perspectiva, represéntase tamén na parede oposta, onde Masolino pintara A curación do aleixado e a resurrección de Tabita, mais, neste caso, no punto de fuga non hai ningún elemento significativo e as diferentes escenas aparecían dispersas, con relacións moi leves.

Na dereita, onde están Pedro e o recadador, unha arquitectura representa o ámbito urbano con contrastes de espazos baleiros e outros cheos (cun soportal que se avanza cara a fóra, etc.).

Na parte traseira do Tributo, predomina a observación naturalista. Masaccio pintou unha paisaxe viva e realista como nunca se vira ata entón na pintura. Aparecen unhas árbores (cuxas follas perdéranse pola mala conservación) e montañas que tenden a desaparecer polo horizonte, así como nubes nun ceo, que é moito máis realista cós ceos que Masolino adoitaba pintar. As montañas, son máis realistas e rompen coa tradición das rochas afiadas, que son empregadas por Giotto e os seus seguidores, que continúan a tradición bizantina.

Ademais dunha unificación espacial, tamén hai unha unificación lumínica, cunha fonte de luz que provén do lado dereito, onde se pode ver a fiestra dunha capela, que determina o ángulo das sombras.

Técnica O fresco do Tributo realizouse en 32 días de traballo e nesta obra maniféstase, máis ca nunca, a técnica de Masaccio, que consistía na composición sintética dos volumes das figuras mediante a xustaposición de luz e cor, en vez do método tradicional de definición de formas con nitidez e, de seguido, adicarse a marcar con coidado os detalles, como revela o estilo máis tradicional, por exemplo, de Masolino. Masaccio, con fondos e cos reflexos en branco, modelou rapidamente as contornas das figuras dándolles un aspecto plástico nunca antes visto, o que as converte en estatuas monumentais pintadas.

Masaccio realizou, con esta obra, unha verdadeira revolución na pintura, que só algúns dos seus discípulos foron quen de entender e aplicar. Tanto foi así que Filippino Lippi, que rematou os frescos da capela na década de 1480 abandonou esa técnica para empregar a máis tradicional, na que se daba máis importancia á precisión do debuxo preparatorio e á contorna da liña.

Estilo A iluminación, máis que o debuxo da contorna, define a forma plástica das figuras, facendo que se asemellen a voluminosas esculturas.

Cristo é o centro xeométrico e o espiritual da escena. A súa cabeza, en base a un suave debuxo, tradicionalmente foi atribuída á man de Masolino grazas ao efecto de comparación, por exemplo, coa cabeza de Adán no episodio próximo da Tentación de Adán e Eva, realizado por este pois a cabeza do Cristo presenta un suave esvaemento, en contraste coas duras sombras que aparecen nas cabezas dos apóstolos. Ademais da diferenza estilística, tamén hai outros posibles argumentos para xustificar a axuda de Masolino pois este, tamén se vira beneficiado da axuda de Masaccio na resolución da perspectiva no episodio da curación do aleixado, ou na pintura da paisaxe no episodio contiguo da Predicación de san Pedro. Con todo, hai autores como Baldini que discrepan e a atribúen, tamén a Masaccio que quizais se puido inspirar nun debuxo de Masolino.

miniatura|Detalle do Tributo. Aparecen, posiblemente, Xudas (o segundo dende a esquerda) e o autorretrato de Masaccio ou Felice Brancacci como Tomé (a cabeza da dereita).|alt= O grupo central, coa característica disposición en semicírculo está, probablemente, inspirado no grupo escultórico dos Catro santos coroados de Nanni di Banco. Ao contrario do escultor, Masaccio non estaba interesado en facer referencia á antiga arte romana, como o demostran as roupaxes, e aínda que realiza estudos dos detalles das estatuas antigas, non as imita. A disposición tamén podería derivarse das representacións cristiás primitivas de Cristo entre os apóstolos.