K'inich Ahkal Mo' Naab III ou K’inich Ahku'l Mo’ Naahb' III, nado o 13 de setembro de 678 e finado c. 740,Florescano, 2009; 235 foi un ahau ou gobernante maia do ajawlal ou señorío de B'aakal, cuxa sede era Lakam Ha', no presente coñecida como a zona arqueolóxica de Palenque, no actual estado mexicano de Chiapas. É tamén coñecido como Chaacal III ou Akul Anab III. Gobernou do ano 721 ó ano 736 ou 740. O seu nome pode ser traducido como Gran Sol Lago da Tartaruga Guacamaia.
Nacemento e entronización Foi neto de Pakal “o Grande” e Tz'akbu Ajaw e fillo de Tiwol Chan Mat e de Ix Kinuw. De acordo á conta longa do calendario maia naceu o 9.12.6.5.8 3 lamat 6 sak, é dicir, o 13 de setembro de 678.Skidmore, 2008; 80 Foi entronizado o 9.14.10.4.2 9 ik 5 kayab, data equivalente ó 30 de decembro de 721.Sutart, 2010; 15 No taboleiro dos escravos represéntase unha escena imaxinaria onde Ahkal Mo' Naab é entronizado polos seus pais.Skidmore, 2008; 82 Contraeu matrimonio con Ix Men Nik ou Ix Sajal Juj, con quen procreou a K'inich K'uk' B'alam II.Stuart, 2010; 157
Campañas militares Cando o seu antecesor, K'inich K'an Joy Chitam II, foi feito prisioneiro polo gobernante de Toniná, K'inich B'aaknal Chaak, o señorío de B'aakal perdeu o control das localidades de Lah e K'in Ha pertencentes ó señorío de Yookib' (Pedras Negras).Bernal, 2011; 320 Por este motivo Ahkal Mo' Naab III ordenou a Chak Suutz —yajawk' ahk' (señor do lume)— emprender unha campaña de reconquista. O 15 de setembro de 723 foi capturada a localidade de Lah, e o 31 de maio de 725 a localidade de K'in Ha'. Durante o enfrontamento foi capturado Nin Sak Kamay, quen era un sajal ou dignatario local subalterno a Yokanal Ahk, ahau do señorío de Yookib'. Desta maneira Palenque iniciou unha nova época de auxe político e militar.Bernal, 2011; 321
Obras arquitectónicas A obra máis importante durante o seu goberno foi o Templo XIX dedicado ó Deus Primeiro (GI). Nas inscricións do templo nárrase a ascensión do deus creador do cosmos ó goberno dos ceos durante unha época mítica e o seu nacemento como deus central da tríade de Palenque, o deus do millo.Florescano, 2009; 248 Vinculou estes acontecementos coa súa propia entronización para lexitimar coa aura do sacro a fundación do seu goberno.Florescano, 2009; 250: citando a David Stuart Por outra banda, tamén foron remodelados os Templos XVIII, XVIII-A e XXI situados na zona sur do Grupo das Cruces.Skidmore, 2008; 81
Descoñécese a data exacta da súa morte, o último acontecemento onde aparece rexistrado é no taboleiro sur do Templo XIX e corresponde á data 9.15.5.0.0, é dicir, no ano 736.Stuart, 2010; 155 Existe a remota probabilidade de que o seu corpo se atope enterrado no Templo III. Foi sucedido polo seu irmán Upakal K'inich Janaab' Pakal.Stuart, 2010; 156
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en 678 Categoría:Gobernantes de Palenque