Cuchillo de Fuego é unha banda galega de hardcore punk formada en 2013 en Pontevedra ligada á asociación cultural Liceo Mutante. Ata a data levan publicados dous álbums de estudio, Triple España (2014) e Megavedra (2017), e o disco compartido Cuchillo de Fuego/Extinción de los Insectos Split 12" (2017).
Historia Cuchillo de Fuego formárona o guitarrista Xosé Lois García (Sierpes de la Luz) e o vocalista Juan F. Navazas (Los Collares de Perlas) no ano 2013. Ao pouco tempo uníronse o baixista Álex Gayoso (Unicornibot, diola) e o batería Berto Fojo (Djalminha) e gravaron o seu primeiro álbum, Triple España, nos Estudios Montealto da Coruña. O traballo foi publicado o 19 de setembro de 2014 a través dos selos Chingaste la Confianza, Existencia, El Morro de Alf e Amawisca.
A finais de 2016 Álvaro Gallego, membro de Guerrera, substituíu a Álex Gayoso no baixo.
No ano 2017 editaron o disco compartido Cuchillo de Fuego/Extinción de los Insectos Split 12" coa banda madrileña Extinción de los Insectos, formado por sete temas dos que tres son do grupo galego. No mes de outubro dese mesmo ano saíu á luz o seu segundo álbum, Megavedra, gravado nos estudios La Cortina Roja da Coruña e publicado polo selo Humo.
Antes do lanzamento do disco lanzaron o videoclip do seu sinxelo "Nocturno", realizado polo director de Wakaliwood Isaac Godfrey en Kampala, Uganda.
Pouco despois da publicación de Megavedra Álvaro Gallego deixou Cuchillo de Fuego, sendo substituído por Hugo Santeiro (Guerrera), e a comezos de 2018 Berto Fojo tamén abandonou a banda para centrarse nos seus proxectos persoais, ocupando o seu lugar na batería Guillermo García (Unicornibot).
Discografía Álbum Ano Selo Triple España 2014 Chingaste la Confianza, Existencia, El Morro de Alf, Amawisca Cuchillo de Fuego/Extinción de los Insectos Split 12" 2017 Afeite al Perro y Amawisca Megavedra 2017 Humo
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Bandcamp da banda
Categoría:Grupos musicais de Pontevedra Categoría:Grupos musicais de hardcore punk Categoría:Grupos musicais formados en 2013