Salento é un concello colombiano no departamento do Quindío. Ten unha superficie de 377,67 km² e 7 100 habitantes (2015). Chamado "o pai do Quindío" por ser o concello máis antigo deste departamento, é coñecido como o concello berce da árbore nacional, a "palma de cera", e posúe unha gran variedade de atractivos turísticos entre eles o Val de Cocora.
A temperatura media é de 18 graos Celsius e ten unha poboación aproximada no centro urbano de 3 000 habitantes e na zona rural de 5 500 habitantes.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Concellos de Quindío