240px|miniatura|Cabeza de xaguarundi. 240px|miniatura|Xaguarundi no zoo de Děčín, República Checa. 240px|miniatura|Xaguarundi de pelaxe escura, no Parc de Félins, Lumigny-Nesles-Ormeaux, Sena e Marne (Francia). O xaguarundi, Puma yagouaroundi,Puma yaguyaroundi en Wikispecies. é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos félidos, subfamilia dos felinos e tribo dos felininos, para a maioría dos autores, unha das dúas que integran o xénero Puma.
É un gato algo máis pequeno que o seu parente próximo, o puma (Puma concolor), de pelaxe de parda a negra uniforme, que vive en América, dende o sueste de México até o centro da Arxentina, onde caza animais pequenos.
O seu estado de conservación considérase pola UICN como de preocupación menor.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1803 polo naturalista francés Étienne Geoffroy Saint-Hilaire,Puma yagouaroundi (É. Geoffroy Saint-Hilaire, 1803) no ITIS, en Catal. Mam. Mus. Hist. Nat.: 124,Puma yagouaroundi É. Geoffory Saint-Hilaire, 1803. en MSW. baixo o nome de Felis yagouaroundi.
Etimoloxía Para a do xénero, ver Puma.
O epíteto específico, yagouaroundi deriva do guaraní yaguarundy, relacionado co tupí jaguarundy ('gato salvaxe'), e entrou nas linguas modernas na década de 1800 a través da portugués.jaguarundi no Dictionary.comjagurundi en Memidex. Free online Dictionary.
Sinónimos A través do tempo, a especie coñeceuse polos sinónimos:
Felis yagouaroundi Geoffroy Saint-Hilaire, 1803 Felis unicolor Thraill, 1819 Felis eyra Fischer, 1814 Felis cacomitli Berlandier, 1859 Felis apache Mearns, 1901 Felis fossata Mearns, 1901 Felis panamensis Allen, 1904 Felis yaguarondi Lacépède, 1809 Puma yaguaroundi Lacépède, 1809 Puma yaguaroundi Desmarest, 1816 Herpailurus yagouarondi Severtzov, 1858 Herpailurus yagouaroundi Lacépède, 1809 Herpailurus yaguarondi Lacépède, 1809
Sinónimos do nome específico yaguaroundi Lacépède, 1809 yagouaroundi Desmarest, 1816.
Nomes vulgares Na maioría dos idiomas modernos coñécese co nome vulgar de xaguaroundi, coas adaptacións propias de cada lingua (jaguarundi, jaguarondi, Jaguarundi, etc.).
Ademais, nalgúns países da súa área de distribución, coñécese tamén polos nomes populares de: Nos países de lingua española: gato colorado, gato moro, león brenero, onza, tigrillo e leoncillo.Caso, A., de Oliveira, T. & Carvajal, S. V. (2015): Jaguarundi. Herpailurus yagouaroundi na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 18 de decembro de 2018. No Brasil: gato-mourisco, eirá, gato-preto e maracajá-preto.Ferreira, A. B. H. (1986): Novo Dicionário da Língua Portuguesa. Segunda edição. Rio de Janeiro: Nova Fronteira, p. 980.
Notas taxonómicas Inicialmente Puma foi clasificado como un subxénero de Felis por McKenna e Bell (1997),Malcolm C. McKenna and Susan K. Bell (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. New York, NY, USA: Columbia University Press. ISBN 978-0-2311-1013-6. que separaron a yagouaroundi como outro subxénero, Felis (Herpailurus). Johnson e O'Brien (1997),Johnson, Warren E. and Stephen J. O'Brien (1997): "Phylogenetic reconstruction of the felidae using 16S rRNA and NADH-5 mitochondrial genes". Journal of Molecular Evolution, Volume 44, Supplement 1, pp. 98–116. Bininda-Emonds et al. (1999),Bininda-Emonds, O. R. P., Gittleman, J. L. & Purvis, A. (1999): "Building large trees by combining phylogenetic information: a complete phylogeny of the extant Carnivora (Mammalia)" Biol. Rev. Cambridge Phil. Soc. 74: 143–175. e Mattern e McLennan (2000),Michelle Y. Mattern and Deborah A. McLennan (2000): "Phylogeny and Speciation of Felids", Cladistics 16 (2): 232-253. consideraron concolor e yagouaroundi como monofiléticos, sendo Acinonyx o grupo irmán.
Controversia taxonómica A maioría dos autores non consideran o xénero Herpailurus, descrito en 1858 por Nikolai Severtzov e que moitos autores consideran un sinónimo de Puma Jardine, 1834.Herpailurus Severtzov, 1858 no GBIF. Este xénero foi "resucitado" en 2017 polo grupo de expertos da UICN, que é monoespecifico, xa que comprende unha soa especie, Herpailurus yagouaroundi (o xaguarundi), que a mairoría dos autores clasifican dentro do xénero Puma, como Puma yagouaroundi.Polo tanto, segundos estes autores, ambos os xéneros, Puma e Herpailurus, serían monoespecíficos, é dicir, cada un con cadasúa especie.
Subespecies Antes de 2017 recoñécíanse dentro da especie (e moitos autores aínda recoñecen), as seguintes oito subespecies (inclúense as respectivas áreas de distribución): Puma yagouaroundi ameghinoi (Holmberg, 1898) (oeste da Arxentina, Chile) Puma yagouaroundi carcomitli (Berlandier, 1859) (sur de Texas e leste de México) Puma yagouaroundi eyra (G. Fischer, 1814) (o Brasil, Paraguai e a Arxentina) Puma yagouaroundi fossata (Mearns, 1901) (sur de México até Honduras) Puma yagouaroundi melantho (Thomas, 1914) (o Perú e o Brasil) Puma yagouaroundi panamensis (J. A. Allen, 1904) (desde Nicaragua até Ecuador) Puma yagouaroundi tolteca (Thomas, 1898) (México occidental; rexistráronse avistamentos non confirmados tanto en Arizona como en Sonora) Puma yagouaroundi yagouaroundi (Geoffroy Saint-Hilaire, 1803) (a Güiana e a Amazonia).
A partir de 2017, o Cat Classification Taskforce of the Cat Specialist Group da UICN, como quedou dito, considera ao xaguarundi como membro do xénero Herpailurus, e non recoñece ningunha subespecie.
Características 240px|miniatura|Xaguarundi de pelaxe rubia, no Parc de Félins, Lumigny-Nesles-Ormeaux, Sena e Marne (Francia). O xaguarundi é un gato de pequeno tamaño, algo máis grande que un gato doméstico, con cranio e cara moi semellantes aos do puma (Puma concolor).
Presenta dúas formas na coloración da súa pelaxe: unha de cor parda avermellada (rubia), e outra parda escura, case negra ou agrisada, podendo estar presentes ambas na mesma camada.
Este felino alcanza unha lonxitude de 50 a 70 cm de longo, máis a cola, que mide de 30 a 60 cm. A súa altura na cruz, por termo medio, é de 33 cm.Boitani, Luigi & Stefania Bartoli (1985): Guía de Mamíferos. Barcelona: Ediciones Grijalbo, p. 313.
Os adultos acadan un peso de entre os 3,5 e os 9,1 kg.
A súa constitución aseméllase en xeral á do puma, aínda que a diferenza deste, o seu talle é moi inferior, posúe orellas máis pequenas, corpo máis alongado, patas máis curtas e as súas cores son máis variadas (avermellados, negros, grises claro e escuro); do mesmo xeito que no puma, a súa cor é sempre uniforme, sen manchas.
Distribución e hábitat A área de distribución do xaguarundi vai dese o sur de Texas e ambas as zonas costeiras de México, polo norte, até o leste dos Andes, tan ao sur como a Patagonia arxentina.
Habita zonas de terras altas, matogueiras, bosques semideciduos, bosques húmidos, pasteiros, xeralmente preto dun curso de auga. Aínda que en xeral vive en terras baixas, tamén se atopa en altitudes de até os 3 200 msnm.Nowell, K. G & Jackson, P. (1996): Wild Cats. Status Survey and Conservation Action Plan. Gland, Switzerland and Cambridge, UK.: IUCN/SSC Cat Specialist Group. ISBN 2-8317-0045-0.
En 2015 rexistrouse a presenza do xagarundi en Cerro Largo, Uruguai.
Víronse xaguarundis en Florida desde principios do século XX. Asúmese que a especie foi introducida, pero non se sabe cando ocorreu a introdución. A súa presenza en Florida atribúese a un escritor de Chiefland que nalgún momento importou os animais do seu hábitat nativo e liberounos preto da súa cidade natal e noutros lugares do Estado. Non se coñecen espécimes vivos ou mortos, pero se informaron moitos avistamentos considerados cribles polos biólogos. O primeiro delos ocorreu en 1907, e foi seguido por varios avistamentos adicionais en toda a península de Florida desde a década de 1930 até a de 1950. O primeiro informe oficial publicouse en 1942. Despois diso informáronse menos avistamentos confiábeis e, en 1977, W. T. Neill concluíu que a poboación diminuíra. Porén, os avistamentos continuaron. Tamén se rexistraron na zona costeira de Alabama desde a década de 1980, o que pode ser evidencia de que a poboación de Florida migrara cara ao norte.
Así mesmo, o xaguarundi tamén se viuo nos arredores do Centro Espacial de Kourou, na Güiana Francesa.Un florilège de faune sauvage au Centre Spatial Guyanais.
Ecoloxía e comportamento Hábitos Os xaguarundis son principalmente diúrnos, sendo activos durante o día. Séntense cómodos nas árbores, pero prefiren cazar no chan. Aínda que parecen seren algo máis gregarios que moitos outros gatos, e toleran a presenza achegada doutros membros da súa especie, na natureza xeralmente encóntranse sos, o que suxire un estilo de vida solitario. O seu territorio é moi variábel, dependendo da contorna local; referiuse que os individuos esténdense en territorios de 6,8 a 100 km2. Ao igual que outros gatos, os olores marcan o seu territorio rabuñando o solo ou as pólas achegadas, fregando a cabeza, urinando e deixando as súas feces descubertas.
Son tímidos e solitarios e, evidentemente, moi cautelosos coas trampas.
Poden emitir unha infrecuentemente ampla gama de vocalizacións, que inclúen ronróns, asubíos, zunidos, sons de parolas e incluso un chío parecido ao dun paxaro.
Alimentación Comen case calquera animal pequeno que poidan atrapar, tipicamente capturan roedores, pequenos réptiles e aves. Tamén se observou que matan presas máis grandes, como lagomorfos (coellos e lebres) e sarigüeias; outras presas relativamente infrecuentes inclúen peixes e mesmo titís. Como moitos outros gatos, tamén inclúen na súa dieta unha pequena cantidade de vexetación e artrópodos.
Reprodución O momento da época da reprodución dos xaguarundis non está claro, e parece que se poden reproducir durante todo o ano. O estro dura de tres a cinco días, e é marcado pola femia, que regularmente arrola sobre o seu lombo e esparexe urina. Despois dun período de [xestación] de 70 a 75 días, a femia pare unha camada dun a catro gatiños nunha gorida construída nunha matogueira densa, unha árbore oca ou unha cuberta similar.
Os gatiños nacen con manchas na parte inferior do corpo, que van desaparecendo a medida que medran. Os xuvenís son capaces de inxerir alimentos sólidos ao cabo dunhas seis semanas, aínda que comenzan a xogar coa comida da súa nai desde as tres semanas. Alcanzan a madurez sexual aproximadamente aos dous anos de idade. En catividade poden vivir até 10 anos.
Ameazas, conservación e status Ameazas miniatura|100px|Pel de xaguarundi. Os xaguarundis non son particularmente cazados para obter a súa pel (aínda que algúns os cazan con este obxectivo), pero están sufrindo unha diminución sa súa poboación debido á perda de hábitat. O Texas Parks and Wildlife Department (Departamento de Parques e Vida Silvestre de Texas) expresou a súa preocupación de que a presenza de xaguarundis no sur de Texas pode verse en perigo debido á perda do hábitat natural deste gato.Endangered Species. Tpwd.state.tx.us (15-04-2003). Consultada o 19 de decembro de 2018.
Conservación As poboacións de Puma jagouaroundi en América do Norte e de Centroamérica figuran no Apéndice I do CITES. Todas as demais poboacións enuméranse no Apéndice II do CITES. P. y. cacomitli, P. p. Fossata, P. y. panamensis e P. p. tolteca considéranse en perigo de extinción e aparecen na Endangered Species Act of 1973 (Lei de especies en perigo de extinción) dos Estados Unidos de América; esta é unha varias (unhas ducias) de leis ambientais dos Estados Unidos, aprobadas na década de 1970, e serve como lexislación promulgada para levar a cabo as disposicións descritas na Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de fauna e flora silvestres (CITES).U.S. Fish and Wildlife Service. International Affairs. Consultada o 19 de decembro de 2018).