Telephones Rouges foi unha banda galega de noise rock procedente do Grove formada no ano 2007. O grupo publicou tres EPs, un EP compartido e un álbum antes da súa disolución en 2013.
Historia Telephones Rouges naceu no ano 2007 como un proxecto persoal de Rubén Domínguez ao que se lle uniron ao pouco tempo Matías Auch, Álex e Foso Común. O seu primeiro concerto foi o 13 de abril na Coruña e pouco tempo despois comezaron a gravar os seus primeiros temas. En 2008 publicaron o EP Liberté, La Nuit a través do selo madrileño for Noise's Sake nun edición limitada de 50 CD-R. Ese mesmo ano tamén publicaron o EP autoeditado Telephones Rouges.
A banda foi escollida como unha das 30 semifinalistas do Proyecto Demo 09 xunto con outros tres grupos galegos: Noise Project, Franc3s e The.
En setembro de 2010 Telephones Rouges gravou no estudio Abrigueiro de Friol Radiocontrol EP, un dico de cinco temas publicado por Mama Vynila Records en maio de 2011. En 2010 temán colaboraron co tema "Cúspeo xa!" no álbum recompilatorio Galician Bizarre.
En xaneiro de 2012 Mama Vinyla lanzou o EP compartido coa banda barcelonesa Piñata MAX SPLIT, con dous temas de cada grupo. As cancións de Telephones Rouges foron gravadas no estudio Círculo Polar do Grove. No mes de agosto gravaron os temas do seu primeiro álbum no estudio A Ponte de Tomás Ageitos. O disco, chamado Disenso, foi producido pola propia banda xunto con Iñaki Bea de Nadadora e publicouse no mes de novembro a través de Mama Vynila.
A banda anunciou a súa separación no ano 2013 e realizaron o seu derradeiro concerto o 27 de decembro na sala Twist & Shout do Grove. Tras a disolución Rubén Domínguez uniuse a Chicharrón e comezou un proxecto en solitario chamado Pantis.
Discografía Álbum Ano Selo Notas Liberté, La Nuit 2008 for Noise's Sake EP Telephones Rouges 2008 autoeditado EP Radiocontrol EP 2011 Mama Vinyla Records EP MAX SPLIT 2012 Mama Vynila Records EP compartido con Piñata Disenso 2012 Mama Vynila Records, Matapadre
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Bandcamp
Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos musicais de noise rock Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de rock experimental Categoría:Grupos musicais de shoegazing Categoría:Grupos musicais formados en 2007 Categoría:Grupos musicais en galego