George Glenn Jones, nado en Saratoga (Texas) o 12 de setembro de 1931 e finado en Nashville (Tennessee) o 26 de abril de 2013, foi un cantante country estadounidense, coñecido pola súa longa lista de éxitos, voz distintiva e fraseos. Estivo casado coa cantante Tammy Wynette.
Nos últimos vinte anos da súa vida foi coñecido como the greatest living country singer ("o maior cantante de country vivo"). O estudoso do country Bill C. Malone escribiu:
Durante a súa longa traxectoria, Jones apareceu en numerosos titulares tanto pola súa afección á bebida, as súas tormentosas relacións coas mulleres e as violentas pelexas como pola súa prolífica gravación de discos e as súas xiras. O seu modo de vida salvaxe levouno a perder moitas actuacións, outorgándolle o alcume de "No Show Jones". Coa axuda da súa cuarta esposa, Nancy, conseguiu maternse afastado da bebida durante varios anos. Conseguiu máis de 150 éxitos en solitario e en dúos con outros artistas. A liña do seu nariz, os seus acenos e as súas marcas faciais valéronlle tamén o alcume de "The Possum" ("a sarigüeia"). Jones adoitaba dicir nas súas entrevistas que escollera facer "só" sesenta concertos cada ano.
Vida perosal Jones estivo casado catro veces: Dorothy Bonvillion (1950 - 1951), coa que tivo unha filla Shirley Ann Corley (1954 - 1968), coa que tivo dous fillos Tammy Wynette (1969 - 1975), coa que tivo unha filla Nancy Sepulvado (1983 - 2013)
Premios e honras Jones recibiu moitos premios durante a carreira, dende o "Most Promising New Country Vocalist" en 1956. Foi incluído no Country Music Hall of Fame en 1992 e recibiu a honra do Kennedy Center en 2008.
En 2008 formou parte do xurado do oitavo concurso de Independent Music Awards en apoio ás carreiras de artistas independentes.
Números un nas listas de country "White Lightning" (1959) "Tender Years" (1961) "She Thinks I Still Care" (1962) "Walk Through This World With Me" (1967) "We're Gonna Hold On" (con Tammy Wynette) (1973) "The Grand Tour" (1974) "The Door" (1975) "Golden Ring" (con Tammy Wynette) (1976) "Near You" (con Tammy Wynette) (1977) "He Stopped Loving Her Today" (1980) "(I Was Country) When Country Wasn't Cool" (con Barbara Mandrell) (1981) "Still Doin' Time" (1981) "Yesterday's Wine" (con Merle Haggard) (1982) "I Always Get Lucky With You" (1983)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía I Lived to Tell it All, George Jones e Tom Carter, Dell Publishing, 1997, ISBN 0-440-22373-3 In The Country of Country: A Journey to the Roots of American Music. Nicholas Dawidoff, Vintage Books, 1998, ISBN 0-375-70082-X Country Music U.S.A., Bill C. Malone, University of Texas Press, 1985, ISBN 0-292-71096-8 Joel Whitburn's Top Country Songs, 1944 to 2005, Record Research, Inc., Menomonee Falls, WS, 2005, ISBN 0-89820-165-9 Ligazóns externas Páxina oficial Tribute to the Greatest Country Song of All Time MySpace Oficial George Jones Country Sausage Discográfica Country Music Hall of Fame
Categoría:Cantantes dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Texas Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2013