Alberto Ruz Lhuillier, nado o 27 de xaneiro de 1906 en París, Francia  e finado o 25 de agosto de 1979,  en Montreal, Canadá, foi un arqueólogo francés nacionalizado mexicano. Salienta polas súas exploracións nas cidades maias de Mesoamérica, e especialmente por descubrir a tumba de Pakal o Grande no Templo das Inscricións en Palenque, México.

Traxectoria miniatura|Lápida de Pakal. Ruz viviu en Francia e en Cuba antes de chegar a México, con trinta anos, estudando na Escola Comercial de París e na Universidade da Habana. En 1936, adoptou a cidadanía mexicana, e graduouse como arqueólogo en 1942, na Escola Nacional de Antropoloxía e Historia. Continuou estudando posgrao na UNAM, e recibiu os títulos de Mestre e Doutor en 1945 e 1965, respectivamente.

A partir de 1940, dedicouse á investigación arqueolóxica no Instituto Nacional de Antropoloxía e Historia (INAH), onde foi xefe da Zona Maia entre 1949 e 1958, e Director de exploracións arqueolóxicas en Campeche, Iucatán e Palenque. Na UNAM, foi profesor da Facultade de Filosofía e Letras, e Director do Centro de Estudos Maias. Foi membro de varias institucións académicas, entre outras da Sociedade Mexicana de Antropoloxía, da Société des Américanistes, da Société Suisse des Américanistes e da Society of American Archaeology.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Museo Alberto Ruz Lhuillier

Categoría:Nados en 1906 Categoría:Nados en París Categoría:Finados en 1979 Categoría:Arqueólogos de Francia