Adelio Dell'Oro, nado en Milán o 31 de xullo de 1948, é un eclesiástico católico latino, dende 2015 bispo de Qarağandı.

Traxectoria Primeiros anos Naceu en Milán, capital da provincia homónima e sé arcebispal, o 31 de xullo de 1948. En 1959 entrou no seminario menor milanés, e a partir de 1967 no seminario maior, completando os seus estudos na Facultade de Teoloxía do Norte de Italia. O 28 de xuño de 1972 foi ordenado sacerdote diocesano polo cardeal Giovanni Umberto Colombo.

Logo da súa ordenación foi vigairo parroquial na parroquia de Santo André de Milán entre 1972 e 1983, e vigairo parroquial na parroquia de Santa María Asunta de Buccinasco entre 1983 e 1997. Ao mesmo tempo foi profesor de relixión en varias escolas, entre 1974 e 1997.

En 1997 foi enviado fidei donum a Kazakhstán, onde foi director do seminario interdiocesano de Qarağandı e director de Cáritas entre 1997 e 2007, e párroco en Vïşnevka e colaborador da nunciatura apostólica e profesor de teoloxía no seminario entre 2007 e 2009.

En 2009 volveu a Italia e foi nomeado encargado do colexio Guastalla de Monza e asistente diocesano de Comuñón e Liberación, entre 2010 e 2012. Nestos anos viviu na parroquia de San Zenón de Cambiago.

Pontificado O 7 de decembro de 2012 foi nomeado polo papa Bieito XVI administrador apostólico de Atıraw e bispo titular de Castulo. Recibiu a consagración episcopal o 2 de marzo de 2013 de mans do cardeal Angelo Scola, e tivo como co-consagrantes ao arcebispo emérito de Milán Dionigi Tettamanzi e ao arcebispo de Santa María en Astana Tomasz Peta.

O 31 de xaneiro de 2015 o papa Francisco nomeouno bispo de Qarağandı.

Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados en Milán Categoría:Bispos católicos de Kazakhstán Categoría:Bispos católicos de Italia Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos do século XXI