Laura Ramos Cuba, nada en Burela o 13 de xuño de 1993, é unha xornalista, profesora e escritora galega.

Traxectoria Licenciada en Xornalismo e Comunicación audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou en La Voz de Galicia, El Progreso, Axencia Galega de Notícias, Sermos Galiza, Adiante.gal e o Portal Galego da Língua. No verán de 2021 aprobou as oposicións para docente de Lingua Galega e Literatura no ensino secundario. Exerce como mestra no I.E.S Vilalonga de Sanxenxo.

Sendo estudante gañou o Certame literario Xela Arias (convocado pelo IES A Sangriña, da Guarda) e o Certame literario María Soliño (convocado polo instituto de Cangas de Morrazo).En 2018 gañou o Premio de poesía Victoriano Taibo, que levaba aparellada a publicación do seu primeiro libro de poesía, A situación actual.

Foi finalista co poema "Fasme amor" na categoría mellor poema 2018 na edición aRitmar 2019. Con Rascamasseiras foi Accésit do XV Certame de poesía erótica Illas Sisargas.

Obra A situación actual (2018). Instituto de Estudos Miñoráns. Rascamasseiras (2021). A. C. Caldeirón. 48 páxs. ISBN 978-84-120762-7-1.

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Burela Categoría:Nados en 1993 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela