miniatura|Pela del Álamo presentando o Curtocircuíto de 2016. Curtocircuíto é un festival internacional de cine, que se organiza en Santiago de Compostela dende o ano 2004. Dende o ano 2013 o seu director é Pela del Álamo substituíndo ó británico Tim Redford. Tradicionalmente o festival estivo centrado nas curtametraxes pero desde 2013 integrou na súa programación longametraxes e todo tipo de formatos audiovisuais. En 2015 o modelo de festival incluÍu propostas doutras disciplinas artísticas, sempre en diálogo co cinema. Desde entón, é presentado como un festival interdisciplinar que, tomando o cinema como eixo, prantexa unha programación heteroxénea que inclúe música, arte sonora, fotografía, artes visuais, etnografía ou literatura.

Forma parte xunto con Cineuropa e Amal do grupo de festivais de cine que se celebran na capital galega.

O Festival Realízase entre finais de setembro en comezos de outubro, aínda que con anterioridade ocupou outras datas. Desde o 2016 ten catro categorías competitivas:

Radar: Unha das dúas sección oficiais onde se dan cita a propostas cine de autor internacionais. Explora: A outra sección oficial céntrase nas propostas mais transgresoras e experimentais. Planeta GZ: Na que se reúnen pezas producidas ao longo dese ano en Galicia e polo que teñen pasado directores galegos como Xacio Baño, Jaione Camborda, Santos Díaz, Álvaro Gago ou Lois Patiño. Penínsulas: Centrado na produción de curtametraxes no conxunto do estado.

Son habituais dentro do festival obradoiros de creación e outras seccións como retrospectivas e proxeccións de autores nacionais ou internacionais como Oliver Laxe, Jessica Sarah Rinland ou Aki Kaurismaki.

Durante os días do festival organízanse concertos en varias salas da cidade.

Palmarés

2019 Premio Radar: The Sasha, de María Molina.

Premio Explora: ALTIPLANO, de Malena Szlam.

Premio Planeta GZ: En la Boca da Mina, de Brandán Cerviño.

Premio Penínsulas: Urpean Lurra, de Maddi Barber.

2018 Premio Radar: Solar Walk, Réka Bucsi.

Premio Explora: Monelle, Diego Marcon.

Premio Planeta GZ: Uluru, de Alberte Pagán.

Premio Penínsulas: Mi amado, las montañas, de Alberto Martín Menacho.

2017 Premio Radar: Find, Fix, Finish de Mila Zhluktenko e Sylvain Cruiziat.

Premio Explora: Y Berá. aguas de luz de Sarah Jessica Rinland.

Premio Planeta GZ: Aysha de Fon Cortizo.

Premio Penínsulas: Contact de Alessandro Novelli.

2016 Premio Radar: Boy who cried de Mark Rappaport.

Premio Explora: B-roll with Andre de James N. Kunitz.

Premio Planeta GZ: Rueda cabeza de Borja Santomé.

Premio Penínsulas: La disco resplandece de Chema García Ibarra.

2015 Premio Radar: Blood Below the Skin de Jennifer Reeder.

Premio Explora: Sound of a Million Insects, Light of a Thousand Stars de Tomomari Nishikawa

Premio Planeta GZ: Sin Dios ni Santa María de Helena Girón e Samuel M. Delgado.

2014 Premio Radar: Traversées, de Antoine Danis.

Premio Explora: Substanz, de Sebastian Mez.

Premio Planeta GZ: Ser e voltar, de Xacio Baño.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web do Festival

Categoría:Festivais de cinema de Galicia Categoría:Santiago de Compostela