miniatura|Trité do Reino de lidia emitido ca. 620-564 a. de C. Diámetro: 12,5 mm. Peso: 4,69 g. O trité (en grego: τρίτος -tritos-, "un terzo") era unha moeda da Antiga Grecia, de ouro (ou electro) ou de prata, que tiña o valor da terceira parte dun estatero de ouro ou dun estatero de prata, e un peso de arredor de 4,5 gramos, que se empezou a utilizar no século VII a. de C.Alfaro Asins et al. (2009). "Ttité".Vico Belmonte, A. (2006). Páxina 209.Rubio Santos, E. (2011). Páxina 414 .
O seu peso foi variable en función do padrón monetario correspondente.
De xeito diferente ao tetarté, que se emitiu só en contadas ocasións, o trité foi moi amplamente posto en circulación, sinaladamente en Cícico, en Focea e en Mitilene."Trité". En Frey (1917). Páxina 248.
O trité como divisor do estatero Esta é a relación de valor entre o trité e o resto dos divisores do estatero:Alfaro Asins et al. (2009). "Estatero".Vico Belmonte, A.; De Francisco Olmos (2016). Páxina 213.
Hemiestatero: medio estatero. Trité: un terzo. Tetarté: un cuarto. Hecté: un sexto. Hemitetarté: un oitavo. Hemihecté: un doceavo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Moeda da Antiga Grecia Estatero
Bibliografía
Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7 Frey, A. R. A Dictionary of Numismatic Names. Nova York, 1917. Rubio Santos, E. Glosario Numismático Numisma. El Prat de Llobregat, 2011. Vico Belmonte, A. Monedas Griegas. Real Academia de la Historia. Madrid, 2006. ISBN 84-95983-71-0 Vico Belmonte, A.; De Francisco Olmos, J. M. "El sistema monetario griego y sus derivaciones a otros sistemas de la Antigüedad mediterránea". En Documenta & Instrumenta 14 (2016). 199-222.
Categoría:Moedas da Antiga Grecia Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Moedas de ouro Categoría:Moedas de prata