miniatura|119x119px|Anverso dun hecté de electro de Mitilene, ca. 521-478 a. de C. miniatura|112x112px|Averso dun hecté de electro de Mitilene, ca. 454-427 a. de C. O hecté (en grego ἕκτη; de ἑκτεύς) é, nun sentido amplo a denominación grega para calquera moeda que vale a sexta parte doutra unidade, aínda que máis propiamente se aplica para as moedas da Antiga Grecia de prata, electro e bronce co valor equivalente á sexta parte dos estateros deses respectivos metais."Hecté". En Alfaro Asins, C. et al. (2009)"Hecté". En Algunos tipos de monedas antiguas. www.tesorillo.com

A sexta parte dos estateros de ouro e de electro das cidades de Xonia, Lidia, Cícico e Focea era unha moeda de uso frecuente na Antigüidade, e cuñada en grandes cantidades. Hai mencións aos Ἕκται Φωκαΐδες en achados de tesouros atenienses dos anos 429 e 397 a. de C. Nun período posterior foron emitidos conxuntamente con Mitilene, en virtude dun acordo con esa cidade."Hecté". En Frey, A. R. (1916). Páxina 107."Hecte." En Smith, W. et al. (1890).

O hecté como divisor do estatero Esta é a relación de valor entre o hecté e o resto dos divisores do estatero:Alfaro Asins et al. (2009). "Estatero".Vico Belmonte, A.; De Francisco Olmos (2016). Páxina 213.

Hemiestatero: medio estatero. Trité: un terzo. Tetarté: un cuarto. Hecté: un sexto. Hemitetarté: un oitavo. Hemihecté: un doceavo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Moeda da Antiga Grecia Estatero

Bibliografía

Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7 Smith, W. et al. A Dictionary of Greek and Roman Antiquities. John Murray. Londres, 1890. Frey, A. R. A Dictionary of Numismatic Names. Nova York, 1917. Rubio Santos, E. Glosario Numismático Numisma. El Prat de Llobregat, 2011. Vico Belmonte, A. Monedas Griegas. Real Academia de la Historia. Madrid, 2006. ISBN 84-95983-71-0 Vico Belmonte, A.; De Francisco Olmos, J. M. "El sistema monetario griego y sus derivaciones a otros sistemas de la Antigüedad mediterránea". En Documenta & Instrumenta 14 (2016). 199-222.

Categoría:Moedas da Antiga Grecia Categoría:Moedas fóra de curso