Ráquira é un concello colombiano da provincia de Ricaurte no departamento de Boyacá. Atópase a uns 60 quilómetros de Tunja. Ráquira é considerada como a capital artesanal de Colombia e foi galardoada pola Corporación Nacional de Turismo en 1994 como unha das vilas máis fermosas de Boyacá, grazas á pintoresca decoración das súas casas. Tamén existe unha cerámica característica de Ráquira.

Etimoloxía O nome de Ráquira provén do muisca, e significa "cidade das potas". Antes da conquista española, este lugar era coñecido co nome de Taquira entre os pobos amerindios.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Concellos de Boyacá Categoría:Confederación muisca