A comunicación de masas é o estudo de como as persoas intercambian a información por medios de comunicación de masas a segmentos grandes da poboación de xeito simultáneo e inmediato. Noutras palabras, a comunicación de masas refírese ao acto de facilitar información a grande escala a unha gran cantidade de persoas. Normalmente relaciónase coa publicación de xornais, revistas e libros, así como a radio, a televisión, o cinema e Internet, xa que estes medios son moi empregados para espallar información, novas ou publicidade. A comunicación de masas diferénciase doutras formas de comunicación, como a comunicación interpersoal ou a organizativa, en que se centra nunha única fonte de emisión de información a un número grande de receptores. O estudo da comunicación de masas vén xustificado polo efecto que ten sobre o comportamento, a actitude, a opinión ou as emocións das persoas que reciben a información.

Teorías principais Os teóricos da comunicación identificaron varias teorías asociadas co estudo da comunicación de masas. A teoría de comunicación indica os procesos e os mecanismos que permiten que a comunicación teña lugar.

A teoría de cultivo, desenvolvida por George Gerbner e Marshall McLuhan, fala sobre os efectos a longo prazo de ver a televisión e fai a hipótese de que canta máis televisión consuma un individuo, máis probable é que esa persoa crea que o mundo real é semellante ao que viu na televisión.Gerbner, G., Gross, L., Morgan, M., & Signorielli, N. (1986). "Living with television: The dynamics of the cultivation process" in J. Bryant & D. Zillman (Eds.), Perspectives on media effects (pp. 17–40) Hilldale, NJ: Lawrence Erlbaum Associates O cultivo está relacionado coa idea do síndrome do mundo cruel. A teoría do estabelecemento da axenda céntrase na idea de que os medios "non lle din á xente o que pensar, pero si sobre o que pensar". O estabelecemento da axenda di que os medios teñen o poder de influenciar o discurso público e dicirlle á xente cales son os problemas importantes que está afrontando a sociedade.McCombs, Maxwell E.; Donald L. Shaw (1972). "The Agenda-Setting Function of Mass Media". Public Opinion Quarterly 36 (2): 176 A espiral do silencio, desenvolvida por Elisabeth Noelle-Neumann, di que a xente tende máis a revelar a súa opinión en público cando cre que se corresponde coa opinión maioritaria, por medo a desvelar unha opinión impopular que converta a persoa en cuestión nun paria social. Esta teoría é relevante para a comunicación de masas porque indica que ten poder para moldear a opinión popular, así como retransmitir a opinión que se cre maioritaria.Noelle-Neumann, E. (1974). The spiral of silence: a theory of public opinion. Journal of Communication, 24, 43-51 A ecoloxía dos medios indica que os individuos están modelados por mor da súa interacción cos medios de comunicación,Postman, Neil. "The Humanism of Media Ecology". Retrieved 9 November 2012 e que a comunicación e os medios afectan profundamente o modo en que as persoas ven e interactúan co seu contorno.McLuhan, M.; Fiore Q.; Agel J. (1996). The medium is the massage: an inventory of effects. San Francisco: HardWired. De acordo coa teoría da semioloxía, os elementos da comunicación como as palabras, imaxes, acenos e situacións, son sempre suxeito de interpretación. Todos os sistemas de signos creados para ser "lidos" ou interpretados, sen importar a súa forma, poden ser considerados como "textos". No estudo da semioloxía, non existe o concepto de lectura literal.Encyclopedia of Curriculum Studies

Notas

Véxase tamén Outros artigos Comunicación Estudos de medios

Bibliografía Pearce, K.J. (2009). Media and Mass Communication Theories. In Encyclopedia of Communication Theory (p. 624-628). SAGE Publications. Hartley, J.: "Mass communication", in O'Sullivan; Fiske (eds): Key Concepts in Communication and Cultural Studies (Routledge, 1997). Mackay, H.; O'Sullivan T.: The Media Reader: Continuity and Transformation (Sage, 1999). McQuail, D.: McQuail's Mass Communication Theory (fifth edition) (Sage, 2005). *Thompson, John B.: The Media and Modernity (Polity, 1995). Griffin, E. (2009). A first look at communication theory. McGraw Hill: Nova York, NY. Babbie, E. (2007). The practice of social research. Thomas Higher Education: Belmont, California. Braison agesa E' study of mass communication

Categoría:Comunicación