Alexander Petrovitch Kazantsev (en ), nado o 2 de setembro de 1906 e finado o 13 de setembro de 2002, foi un escritor soviético de ciencia ficción, ufólogo e compositor de xadrez.

Traxectoria Como escritor foi un visionario, ó igual que Isaac Asimov e Jules Verne. Preveu a existencia de varias decubertas científicas (moitas veces inspirando os científicos). Na súa obra A ponte ártica (Северный мост), de 1941, Kazantsev describe un túnel que ligaba dous continentes, semellante ó Eurotúnel. En A illa en chamas (Пылающий остров), preveu o uso da supercondutividade.

A súa obra máis famosa é A destrución de Faena (Фаэты), na que fala sobre as consecuencias que unha eventual guerra nuclear tería sobre o ser humano. Kazantsev tamén escribiu o guión do filme Planeta Bur, filmado na Unión Soviética en 1962.

Véxase tamén Ligazóns externas Obras completas en ruso e tradución de Фаэты para o inglés Entrevista cedida para a revista Superinteressante

Categoría:Nados en 1906 Categoría:Nados en Astana Categoría:Finados en 2002