Jacquelyn C. Campbell, nada o 26 de agosto de 1946, é unha enfermeira académica estadounidense coñecida pola súa investigación sobre violencia doméstica e violencia contra as mulleres, especialmente nos casos nos que a violencia acaba en homicidio, nos feminicidios. É profesora e presidenta da cátedra Anna D. Wolf na Escola de Enfermaría Johns Hopkins. É tamén a directora do programa nacional para o programa Nurse Faculty Scholars da Fundación Robert Wood Johnson.

Traxectoria En 1985, Campbell desenvolveu o Danger Assessment (avalación do perigo), un cuestionario que está entre as primeiras ferramentas deseñadas para avaliar o risco dunha muller de ser asasinada por un compañeiro abusivo. Está tamén deseñado para darlles ás mulleres máis protagonismo na planificación da súa propia seguranza e para darlles unha axuda máis personalizada. Tamén desenvolveu o "Lethality Assessment Program" (Programa de Valoración da Letalidade), que pretende ser unha ferramenta para a policía cando chega a incidentes de violencia doméstica. O programa foi adoptado por múltiples departamentos de policía en Maryland.

Recoñecemento Campbell foi escollida membro do Instituto de Medicina en 2000, e é membro da súa Xunta Directiva de Saúde Global. É tamén membro da Academia Americana de Enfermaría. Foi nomeada Investigadora Distinguida Pathfinder polo Instituto Nacional de Investigación en Enfermaría, e foi recoñecida nos Premios de Ciencias da Enfermaría da Escola de Enfermaría da Universidade de Duke, así como o Premio Vollmer da Sociedad Americana de Criminoloxía. Tamén foi unha das 17 primeiras bolseiras Gilman nomeadas por Johns Hopkins. En 2018 foi investida doutora honoris causa pola Universidade de Vigo.

Notas

Bibliografía Foi entrevistada por Celia P. Porto para a revista Luzes.

Categoría:Nados en 1946 Categoría:Alumnos da Universidade de Rochester Categoría:Enfermeiros dos Estados Unidos de América Categoría:Violencia Categoría:Xénero