Chairs Missing é o segundo álbum de estudio da banda inglesa de rock Wire, publicado en agosto de 1978 a través do selo Harvest Records. O disco chegou ao número 48 na lista británica de álbums.
Aínda que conta con algo do punk rock minimalista do seu álbum de estrea Pink Flag, ten unhas estruturas de cancións máis desenvolvidas (con influencias do rock progresivo, a psicodelia e o art rock dos 70), e teclados e sintetizadores traídos polo produtor Mike Thorne, ademais dunha paleta máis ampla de temas emocionais e intelectuais. O título é un termo de argot británico que fai referencia a unha persoa levemente perturbada. O sinxelo "Outdoor Miner" foi un éxito menor, chegando ao número 51 na lista británica de sinxelos.
En xullo de 2016 a publicación dixital Paste colocouno no posto 1 da súa lista dos 50 mellores álbums de postpunk.
Listaxe de cancións
*As cancións extra das reedicións de 1989 e 1994 foron eliminadas na de 2006 debido a que, segundo a banda, non honraban !a claridade conceptual das declaracións orixinais".
Edición especial de 2018
Notas
Categoría:Álbums de Wire Categoría:Álbums musicais de 1978 Categoría:Álbums producidos por Mike Thorne Categoría:Álbums de Harvest Records