Ventaquemada é un concello colombiano que se atopa na provincia do Centro, no departamento de Boyacá. Está situado sobre a Troncal Central do Norte, a uns 29 km da cidade de Tunja, capital do departamento. No territorio de Ventaquemada atópase a soada Ponte de Boyacá, onde tivo lugar a Batalla de Boyacá o 7 de agosto de 1819, que selou de maneira definitiva a Independencia da Nova Granada (hoxe Colombia).
O concello limita polo norte con Tunja e Samacá, polo sur con Turmequé, Villapinzón e Lenguazaque, polo leste con Boyacá, Jenesano e Nuevo Colón e polo oeste con Guachetá, Lenguazaque e Villapinzón.
Véxase tamén
Bibliografía Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Concellos de Boyacá Categoría:Confederación muisca