miniatura|CPI Celso Emilio Ferreiro, Coia, Vigo. Un centro público integrado (CPI) é un tipo de centro educativo non universitario galego creado pola Consellería de Educación en 1999 polo Decreto 7/1999, de 7 de xaneiro (DOG núm. 16, do 26 de xaneiro de 1999).Decreto 7/1999, de 7 de xaneiro, polo que se implantan e regulan os centros públicos integrados de ensinanzas non universitarias.
Ensinanzas que poden impartir os CPI Os centros públicos integrados poderán ser: Centros nos que se imparta a educación básica na súa totalidade (educación primaria e educación secundaria obrigatoria). Centros nos que, ademais da educación básica na súa totalidade, se imparta tamén a educación infantil.
En todo caso, poderán impartirse tamén, de acordo coa súa norma de creación, outras ensinanzas de réxime xeral non universitario das establecidas na lei 1/1990, de ordenación xeral do sistema educativo. Ademais, nestes centros poderase impartir así mesmo a educación das persoas adultas, así como a combinación de ensinanzas de réxime xeral e especial, se así o determinase a administración educativa.
En Galicia existen 64 CPI, que son: CPI A Xunqueira (Fene) CPI Alcalde Xosé Pichel (Coristanco) CPI Antonio Faílde (Coles) CPI Armando Cotarelo Valledor (Boimorto) CPI As Mirandas (Ares) CPI As Revoltas (Cabana de Bergantiños) CPI Aurelio Marcelino Rey García (Cuntis) CPI Camiño de Santiago (O Pino) CPI Castro Baxoi (Miño) CPI Curros Enríquez (Pazos de Borbén) CPI da Cañiza (A Caniza) CPI de Atios (Valdoviño) CPI de Bembibre (Val do Dubra) CPI de Cervantes (Cervantes) CPI de Cova Terreña (Baiona) CPI de Cruz do Sar (Bergondo) CPI de Mondariz (Mondariz Balneario) CPI de Mosteiro-Meis (Meis) CPI de Padrenda-Crespos (Padrenda) CPI de Ponte Carreira (Frades) CPI de Pontecesures (Pontecesures) CPI de San Sadurniño (San Sadurniño) CPI de San Vicente (A Baña) CPI de Viaño Pequeno (Trazo) CPI de Xanceda (Mesía) CPI de Zas (Zas) CPI do Feal (Narón) CPI do Progreso (Catoira) CPI do Toural (Vilaboa) CPI Domingo Fontán (Portas) CPI Dr. López Suárez (Friol) CPI Julia Becerra Malvar (Ribadumia) CPI Luís Díaz Moreno (Baralla) CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal) CPI Pecalama (Tordoia) CPI Plurilingüe Alfonso VII (Caldas de Reis) CPI Plurilingüe Antonio Orza Couto (Boqueixón) CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios (Nigrán) CPI Plurilingüe Cabo da Area (Laxe) CPI Plurilingüe Cernadas de Castro (Lousame) CPI Plurilingüe da Picota (Mazaricos) CPI Plurilingüe de Castroverde (Castroverde) CPI Plurilingüe de Fonte-Díaz (Touro) CPI Plurilingüe de Navia de Suarna (Navia de Suarna) CPI Plurilingüe de Rodeiro (Rodeiro) CPI Plurilingüe de Vedra (Vedra) CPI Plurilingüe dos Dices (Rois) CPI Plurilingüe Dr. López Suárez (O Saviñao) CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro) CPI Plurilingüe José García García (Ourense) CPI Plurilingüe Laureano Prieto (A Gudiña) CPI Plurilingüe O Cruce (Cerceda) CPI Plurilingüe Santa Lucía (Moraña) CPI Plurilingüe Tino Grandío (Guntín) CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero) CPI Plurilingüe Virxe do Monte (Cospeito) CPI Poeta Uxío Novoneyra (Folgoso do Courel) CPI Ramón Piñeiro (Láncara) CPI San Tomé do Carballo (Taboada) CPI Terras de Maside (Maside) CPI Tomás Terrón Mendaña (Carballeda de Valdeorras) CPI Uxío Novoneira (Pedrafita do Cebreiro) CPI Virxe da Saleta (San Cristovo de Cea) CPI Virxe dos Remedios (O Castro de Caldelas) Na Wikipedia constan tamén: CPI Monte Caxado (As Pontes de García Rodríguez)
Notas
Categoría:Institucións de ensino de Galicia