William Pitt (alcumado o Novo), nado en Hayes (Kent) o 28 de maio de 1759 e finado en Putney (Surrey) o 23 de xaneiro de 1806, foi un político e estadista británico, primeiro ministro en dous períodos por un total de dúas décadas, ademais da persoa máis nova en ocupar ese cargo cando Xurxo III o nomeou á idade de 24 anos en 1783. Foi tamén ministro de facenda en tres ocasións e permaneceu entre 1781 e 1800 como membro da Cámara dos Comúns. Foi coñecido como o Novo para distinguilo do seu pai, William Pitt, o Vello.
Como xefe de goberno sentou as bases dunha nova etapa de propseridade despois da guerra de independencia estadounidense. Foi o principal dirixente do Estado durante a loita contra a Francia revolucionaria, adoptando numerosas leis represivas para impedir o contaxio revolucionario (Aliens Act ou Lei de estranxería de 1793, suspendendo o habeas corpus pola Habeas Corpus Act de 1794, Seditious Meetings Act e Treason Act en 1795, e Newspaper Publication Act de 1798), e atribúeselle a organización da Terceira Coalición trala ruptura polo Reino Unido da Paz de Amiens. Promoveu as Combination Laws de 1799-1800, que prohibiron calquera asociación con fins laborais.
A súa formación, orientada ao mundo da política, completouse na universidade de Cambridge e no Lincoln's Inn. Foi elixido membro do Parlamento en 1781 e uniuse a lord Shelburne, dirixente do grupo político ao que anteriormente estivera ligado o seu pai. Shelburne entrou no goberno en 1782 da man de lord Rockingham e pasou a ser primeiro ministro cando este faleceu tres meses despois. Pitt foi nomeado chanceler do Exchequer (ministro de facendo) no gabinete de Shelburne e propuxo diversas reformas do sistema administrativo e parlamentario. Abandonou o goberno xunto con Shelburne en abril de 1783, mais en decembro dese mesmo ano o rei Xurxo III nomeouno primeiro ministro, cargo que ocupou durante dezaoito anos.
Véxase tamén
Bibliografía
Ehrman, J. P. W., e Anthony Smith. "Pitt, William (1759–1806)", Oxford Dictionary of National Biography, (2004); online 2009; consultado o 12 de setembro de 2011 , the standard scholarly history Evans, Eric J. William Pitt the Younger (1999) 110 pages; online Furber, Holden. Henry Dundas: First Viscount Melville, 1741-1811, Political Manager of Scotland, Statesman, Administrator of British India (Oxford UP, 1931). online
, breve biografía Jupp, Peter. "Grenville, William Wyndham, Baron Grenville (1759–1834)" Oxford Dictionary of National Biography (2009) https://doi.org/10.1093/ref:odnb/11501
Leonard, Dick. "William Pitt, the Younger—Reformer Turned Reactionary?." in Leonard, ed. Nineteenth-Century British Premiers (Palgrave Macmillan UK, 2008) pp. 5–27. Mori, Jennifer. William Pitt & the French Revolution, 1785-1795 (1997) 305pp Mori, Jennifer. "William Pitt the Younger" en R. Eccleshall e G. Walker, eds., Biographical Dictionary of British Prime Ministers (Routledge, 1998), pp. 85–94
Rose, J. Holland. William Pitt and National Revival (1911); William Pitt and the Great War (1912); vol 1; vol 2 gratuíto; ; inclúe extractos da correspondencia de Pitt vol 1 online; vol 2 online
Ligazóns externas 1791 Caricatura de William Pitt por James Gillray Pitt the Younger na páxina web do 10 Downing Street After Words, entrevista con William Hague sobre o seu libro William Pitt the Younger, 27 de febreiro de 2005
Categoría:Primeiros ministros do Reino Unido Categoría:Nados en Kent, Inglaterra Categoría:Nados en 1759 Categoría:Finados en 1806 Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge