Taking Tiger Mountain (By Strategy) é o segundo álbum en solitario do músico inglés Brian Eno, publicado en novembro de 1974 a través do selo Island Records. A diferenza do seu anterior traballo Here Come the Warm Jets, Eno usou unha banda nuclear de cinco instrumentistas (teclados, guitarras, baixo, batería epercusión) e menos músicos convidados. Tamén participou o guitarrista Phil Manzanera, que tocara con Eno en Roxy Music. Para axudar a guiar a produción do álbum, Eno e Peter Schmidt desenvolveron tarxetas de instrucións chamadas Oblique Strategies para usar a través do proceso creativo.

Taking Tiger Mountain (By Strategy) é unha especie de álbum conceptual con temas que van dende a espionaxe ata a Revolución Comunista Chinesa. A música do traballo ten un son alegre e animado pero con letras escuras. O álbum non entrou nas listas estadounidenses e británicas, pero tivo unha gran cobertura da prensa musical. Foi reeditado nunha versión remasterizada no ano 2004 por Virgin Records.

Listaxe de cancións

Categoría:Álbums de Brian Eno Categoría:Álbums musicais de 1974 Categoría:Álbums producidos por Brian Eno Categoría:Álbums de Island Records