Os monos araña son o nome común de calquera dos primates do xénero Ateles («sen dedo polgar») pertencente á familia Atelidae. O nome Ateles fai referencia á ausencia dun polgar opoñible nas especies do xénero; só conta con apéndice vestixial. Habitan en bosques tropicais, dende México até o Brasil.Groves, Colin (2005). «Genus Ateles» . En Wilson, D. E.; Reeder, D. M. Mammal Species of the World (3ª edición). Baltimore: Johns Hopkins University Press. p. 155. ISBN 0-8018-8221-4.
Taxonomía A variedade morfolóxica no referente á cor da pelame dificultou a clasificación das diferentes especies do xénero, facendo máis crible a clasificación baseada en ADN mitocondrial e nuclear. A revisión de Kellogg e Goldman de 1944, recoñece 4 especies: Ateles belzebuth, Ateles fusciceps, Ateles geoffroyi e Ateles paniscus. Outro punto de vista defendido entre outros por Hershkovitz, considera que Ateles inclúe a unha soa especie, Ateles paniscus con diversas subespecies. En 2005 Groves, baseado en estudos de ADN, inclúe 7 especies dentro do xénero, Ateles belzebuth, Ateles paniscus, Ateles chamek, Ateles marginatus, Ateles fusciceps, Ateles geoffroyi e Ateles hybridus.
Distribución e hábitat Viven en América Central e do Sur, dende o sur de México até o río Tapajós na Amazonia brasileira. Son primordialmente arbóreos, cumpren a maior parte das súas actividades nas densas cubertas dos bosques e selvas chuviosos e tupidos onde habita.
Descrición física Segundo a especie, o seu corpo mide de 65 a 90 cm de lonxitude, e a cola prénsil de 60 a 92 cm. Son de aparencia máis esvelta que os outros monos da familia Atelidae e pesan entre 7 e 10 kg. Teñen catro dedos e carecen de polgar. O corpo é alongado e os membros longos; a cor das diferentes especies varía de castaño claro a negro. As femias teñen como particular característica un clítoris alongado que supera en ocasións o tamaño do pene do macho.
Especies
Ateles paniscus Ateles belzebuth Ateles chamek Ateles hybridus Ateles marginatus Ateles fusciceps Ateles geoffroyi
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Black Spider Monkey (Ateles paniscus) Primate Info Net Ateles Factsheets
Categoría:Primates