Carlos Pedreira López, nado o 8 de setembro de 1945 en Pontedeume, é un naturalista, ornitólogo, delineante naval e mestre de educación primaria galego."Pedreira López, Carlos", en Quién es quien en la Galicia del siglo XXI, Santiago de Compostela: Editorial Compostela, 2002, ISBN 84-8064-113-4.

Traxectoria Cursou os estudos de Delineación naval e, posteriormente, os da diplomatura de educación primaria, na Escola de Maxisterio de Santiago de Compostela, exercendo como mestre de educación primaria no antigo CEIP Bispo Guerra Campos, de Bertamiráns (hoxe CEIP A Mahía),"Ames revisa su historia y cambia el nombre al colegio Bispo Guerra Campos por el de A Maía", La Voz de Galicia, 10/03/2010. até a súa prexubilación en 2006.

Foi membro fundador do Grupo Ornitolóxico Galego (GOG), no que ocupou o cargo de vicepresidente, e un dos promotores da creación da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), da que foi membro activo.

Interesado especialmente pola nomenclatura das aves galegas, realizou, en colaboración con Xosé Manuel Penas Patiño a recollida e estudo desas voces, que deron como froito varios artigos aparecidos na revista de filoloxía Verba, da Universidade de Santiago de Compostela.

Colaborou na Gran Enciclopedia Gallega en voces sobre avifauna e algunhas outras.

Así mesmo, dirixiu cursos de ornitoloxía e educación ambiental dirixidos preferentemente a alumnas e alumnos de educación primaria e ESO, e participou en programas de educación para a saúde, para os que elaborou: Manual e cadernos de saúde bucodental, e Manual e cadernos de prevención de drogodependencias.

Á parte das súas obras de ornitoloxía, educación ambiental e educación para a saúde, traduciu do francés, portugués e inglés varias obras de literatura infantil.

Publicacións Libros 1980 - Guía das aves de Galicia, con Xosé Manuel Penas Patiño e Carlos Rodríguez Silvar. Prólogo de Ramón Piñeiro. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-379-6. 1991 - Guía das aves de Galicia, con Xosé Manuel Penas e Carlos Silvar. Prólogo de Felipe Bárcena y Varela de Limia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-87674-06-2. 1995 - Aves. Tomo II do Atlas de vertebrados de Galicia. Santiago: SGHN / CCG. ISBN 84-87172-89-X. Nela Pedreira asina varios artigos. 2001 - Guía das aves de Galicia, con Xosé Manuel Penas e Carlos Silvar, ilustracións. A Coruña: Baía Edicións ISBN 978-84-87674-06-8. 2004 - Guía das aves de Galicia, con Xosé Manuel Penas e Carlos Silvar, ilustracións. ISBN 978-84-96128-69-9. Nova edición con CD-ROM. 2010 - As 50 aves máis comúns, con Xosé M. Penas e Calros Silvar. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 978-84-92630-75-2.

Artigos en revistas 1975 - "Nomes galegos do Erithacus rubecula e do Troglodytes troglodytes", con Xosé Manuel Penas Patiño. Verba, nº 2, páxs. 295-306.Ler texto en Minerva. Repositorio Institucional da USC. 1976 - "Nomes galegos das aves do xénero Streptopelia e Columba", con Xosé Manuel Penas Patiño. Verba, nº 3, páxs. 347-356.Ler texto en Minerva. 1977 - "Nomes galegos de aves piciformes", con Xosé Manuel Penas Patiño). Verba, nº 4, páxs. 343-354.Ler texto en Minerva. 1977 - "Lista patrón das aves de Galicia. I", con Xosé Manuel Penas Patiño. Braña. Bol. Soc. Galega Hist. Nat.. Ano 1977. nº 1-2, páxs. 131-142. 1980 - "Nomes galegos das aves da familia Fingillidae", con Carlos Pedreira López. Verba, nº 7, páxs. 355-378.Ler texto en Minerva. 1990 - "Nomenclatura das aves do concello de Ames", con Isabel Costoya, Flora López e Gonzalo Otero. Verba, vol. 17, páxs. 117-144.Ler texto en Minerva.

Traducións A Venus de Ille. Tradución do francés de La Vénus d'Ille, de Prosper Mérimée. Vilaboa, Pontevedra: Edicións do Cumio. ISBN 84-87126-08-1. Borba, o gato. Tradución do portugués da obra do mesmo título de Ruth Rocha. Vigo: Grupo SM. ISBN 84-348-3128-7. Sete rapaces autralianos. Tradución do inglés de Seven Little Australians, de Ethel Turner. Madrid: Grupo SM. ISBN 84-348-4675-6.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Pedreira López, Carlos, na páxina web de Baía Edicións

Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Pontedeume Categoría:Nados en 1945 Categoría:Tradutores do francés Categoría:Tradutores do portugués Categoría:Tradutores do inglés Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes