Piranga olivacea é unha especie de Passeri de tamaño medio.

Descrición Os adultos roldan entre os 17 e os 19 cm. Teñen o peteiro agrisado pálido e as patas escuras. Durante a época reprodutiva o macho é de cor vermella brillante, coas ás e a cola negras. A femia ten a plumaxe opaca de cor olivácea coas ás pardentas escuras e a rexión ventral do corpo amarela. A plumaxe invernal do macho presenta un patrón de coloración semellante ó da femia, mais coas ás e cola máis escuras. Os machos inmaturos tamén son semellantes ás femias, pero a medida que medran adquiren un patrón intermedio entre as femias e os machos adultos coa librea de verán.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Scarlet tanager species account – Cornell Lab of Ornithology Scarlet tanager - Piranga olivacea USGS Patuxent Bird Identification InfoCenter Scarlet tanager stamps at bird-stamps.org

Categoría:Aves do Canadá Categoría:Aves dos Estados Unidos de América Categoría:Animais descritos en 1789