Systellura longirostris é unha especie de ave da familia das avenoiteiras orixinaria de América do Sur.Bacurau-da-telha Antes clasificábase no xénero Caprimulgus.

Distribución e hábitat Atópase na Arxentina, Bolivia, o Brasil, Chile, Colombia, Ecuador, Paraguai, o Perú, Uruguai e Venezuela. Vive en campos semiabertos, mesetas e áreas pedregosas ou rupestres, até os 2.500 m de altitude.Bacurau-da-telha; WikiAves. É unha ave cosmopolita que pode habitar entre os 0–4200 m. Pódese atopar en zonas boscosas ou no bordo das mesmas, así como en zonas abertas con pouca vexetación, mesmo é posible vela nos teitos das cidades. É unha ave principalmente nocturna, como moitos de individuos deste grupo, pode aniñar no chan como nos teitos de edificios ou casas.Ingels, J., Oniki, Y., & Willis, E. O. (1999). Opportunistic adaptations to man-induced habitat changes by some South American caprimulgidae. Revista Brasileira de Biologia, 59(4), 563–6. http://doi.org/10.1590/S0034-71081999000400005. Xeralmente póusase en pólas, chan ou tellados, en zonas poboadas e con fontes de luz. Cando se asusta fai un voos curtos tambaleantes e póusase nun lugar próximo.Safford, R. (1998). Nightjars: a guide to nightjars and related nightbirds by Nigel Cleere; illustrated by Dave Nurney. BRITISH BIRDS, 91, 564-564.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Animais descritos en 1825 Categoría:Aves de América do Sur